Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
XORNADAS "EMPRÉGATE"

"Emprégate: quítalle partido as túas ideas"


É un proxecto que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar -- Dción. Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove e o Concello de A Guarda. Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa finalidade de materializalas exitosamente.

As partes das que consta o proxecto son as seguintes:

-*Taller "Descubrindo as miñas potencialidades"*onde nos embarcaremos durante dous días na creación de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.

-*Seminario "Alternativas empresariais: aspectos legais"*terá lugar nunha xornada consistente en orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e sobre axudas, subvencións e financiamento.

-*Exposición "Compartindo experiencias"*será unha xornada participativa de presentación de experiencias de persoas emprendedoras 

-*Workshops "Fai realidade a túa idea"*en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e aportando coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples as ideas que na cabeza parecen complexas.

As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde.

Do 20 de setembro ao 4 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para participar na iniciativa. 



DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN


Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Programas Educativos 2013-14

Guía breve dos Programas e Actividades para o curso escolar 2013-14

 
Cambio de Sentido

“Cambio de sentido”

Programa de prevención do consumo de alcohol

e outras drogas na condución de vehículos.

 

Coa chegada do verán aumenta a afluencia de mozos e mozas nas autoescolas dispostos a pórse ao volante dun vehículo, e con elo tamén comeza dende Érguete Baixo Miño a nosa campaña de sensibilización co Programa “Cambio de Sentido” de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos.

 

Trátase dunha actuación preventiva, impartida directamente polas técnicas da Asociación nas autoescolas e que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.      

 

Como cada ano, é fundamental contar co apoio das Autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade.

 

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras.

Ver Folleto Programa


 
Día Mundial sen Tabaco

31 de Maio, DÍA MUNDIAL SEN TABACO

 

 Cada 31 de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN TABACO  para recordar que provoca múltiples preocupacións a toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais, e un longo etcétera.

O tema concreto deste ano é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. As probas acumuladas amosan que a prohibición completa da publicidade, reduce o número de persoas que adquiren ou manteñen o hábito de fumar. As estatísticas amosan que a prohibición da publicidade e o patrocinio do tabaco é unha das medidas máis eficaces para reducir a demanda de tabaco e constitúe, polo tanto, unha das “mellores inversións” para combatelo. A epidemia mundial do tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, onde máis de 600.000 son non fumadoras que morren por respirar o fume alleo.

 

A Asociación Érguete Baixo Miño contribúe a protexer á poboación presente e futura desta adicción, educando en hábitos de vida saudables nos talleres que realizamos nas escolas e animando ás persoas novas a que por ningún motivo se inicien no consumo desta substancia. Tamén, dende Érguete ofrecemos axuda ás persoas que desexen deixar de fumar a través do asesoramento individual e personalizado ao cal poden acceder gratuitamente contactando coa entidade.

 

Asociación Érguete Baixo Miño

r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda

986 614 407   - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    - facebook.com/erguetebm   - @ErgueteBM

 

Campaña Día Mundial sen Tabaco 2013

Cartel 1: http://www.who.int/campaigns/no-tobacco-day/2013/posters/poster1_es.pdf

Cartel 2: http://www.who.int/campaigns/no-tobacco-day/2013/posters/poster2_es.pdf

Video: http://video.who.int/streaming/wntd2013/WHO_PROD_WNTD2013_17MAY2013_SPA.wmv

 

 
Fin dos Programas Educativos 2012-13

TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO

 

A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades escolares de prevención realizadas neste curso escolar 2012/13 co alumnado dos centros educativos da comunidade.

Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/5 é impartido directamente polos titores na aula, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan talleres co alumnado. Nesta ocasión os beneficiarios foron nenos/as e mozos/as escolarizados pertencentes aos cursos de 6º de Primaria, de 1º da ESO e de PCPI con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, ascendendo a un total de 181 alumnas/os do I.E.S. de Tomiño, do CEIP de Sobrada de do CPR Padres Somascos de A Guarda.

Durante estas actividades, traballáronse aspectos como:

-          A autoestima e a saúde.

-          Coñecer os riscos de consumir: alcohol e tabaco.

-          Corrixir algunhas ideas erróneas acerca das drogas.

-          Aprender a expresar o que se pensa e sinte.

-          Pedir axuda cando sexa necesario.

-          Resistir a presión de grupo.

-          Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión

 

A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.

Agradecemos a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións.

vintes de tomar unha decisión

 

 
Programas Educativos 2012-13

Breve presentación dos Programas de Prevención das Drogodependencias e Educación para a Saúde na Escola dentro do Ámbito Educativo e Familiar para este curso 2012-13

 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 17 de 22