Abrimos prazo de inscricións para o Curso
"Comunicación Efectiva: técnicas para falar en público"
nas instalacións de Érguete Baixo Miño
Dende a Asociación Érguete Baixo Miño convocamos un curso sobre “Comunicación Éfectiva: técnicas para falar en público” dirixido á mocidade de 18 a 35 anos. Este curso pretende dotar dunha serie de ferramentas ás persoas que queren mellorar a súa capacidade de comunicación, ou ben perder o medo a falar en público.
En moitas ocasións as persoas senten pánico á hora de falar en público ou vense cohibidas á hora de manifestar a súa opinión dentro dun grupo, ben sexa no ámbito escolar, laboral ou persoal. Neste curso daranse unha serie de recomendacións e ferramentas que axudarán a persoa a comunicarse dun xeito efectivo controlando o estado de ansiedade ou estrés que poden producir estas situacións.
Esta formación impartirase os xoves 20 e 27 de setembro e o 4 e 11 de outubro, en horario de 16:30 a 20:30 h. no local social da Asociación.
Este Curso, xunto con outras iniciativas, englóbase dentro do Programa E ti que prefires? Xuventude que emprende ou Xuventude que participa que a Asociación Érguete Baixo Miño leva a cabo este 2018 coa colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado-.
As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben deixando os datos no email
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
|