
Organizado polo Concello de A Guarda, coa colaboración de Érguete Baixo Miño e a doutras institucións, este Domingo día 17 de xullo ás 11:00 horas, realizarase un ano máis o tradicional Concurso de Figuras de Area.
Este concurso vai dirixido a todos/as os nenos/as de entre 3 a 16 anos, que queiran participar de forma individual ou en grupos.
As inscricións poden realizarse a partir das 11:00 da mañá no lugar de realización do evento.
Durante a celebración do concurso repartiranse entre todos os participantes: refrescos, xeados, e agasallos.
Ao finalizar o concurso terá lugar a entrega de premios por cada categoría.
¡Anímate a participar!
¡Esperámoste na praia este domingo!
|