A Asociación Érguete Baixo Miño naceu na vila de A Guarda en xuño do ano 1990, coa finalidade de axudar as familias que tiñan problemas relacionados coas drogas.
Érguete, hoxe en día, é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na Comarca do Baixo Miño – Pontevedra (Galicia) –, concretamente nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia; desenrolando diferentes programas de promoción e educación para a saúde coa finalidade de mellorar a calidade de vida, facilitando a integración social e laboral das persoas por razóns de exclusión social. |