A Asociación Érguete Baixo Miño informa que proximamente impartirase un Taller gratuíto para a Mocidade, entre 16 e 30 anos, para a elaboración, publicación e divulgación dun Fanzine. De xeito inmediato comezaremos esta actividade que se impartirá os martes en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 h.- (en total serán 24 horas) no local da Asociación Érguete Baixo Miño. As prazas son limitadas respectando o aforo e as medidas sanitarias actuais.
Nesta actividade compartiremos libremente ideas, pensamentos e sentimentos co resto do mundo. Trátase dunha ferramenta de empoderamento persoal que fortalece a autoestima e o coñecemento persoal. O obxectivo é fomentar a expresión, a creatividade e a innovación, así como promover hábitos saudables e de prevención de condutas de risco.
O formato Fanzine é unha publicación artística que permite difundir ideas cunha total liberdade de expresión.
Esta actividade atópase dentro do Programa de Iniciativa Xove e está financiado pola Consellería de Política Social -Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- da Xunta de Galicia.
Para máis información e inscricións, invitamos a achegarse ás instalacións de Érguete na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, tamén a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou ben nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
|