Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso Auxiliar Forestal

CURSO de “AUXILIAR FORESTAL” PARA DESEMPREGADOS/AS

tree_doctorConvocamos un Curso de Auxiliar Forestal enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 200 h.

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-práctica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 28 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro e xaneiro.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.

As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. O prazo de inscrición remata o venres día 23 de outubro.

Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo