1 DE DECEMBRO DÍA MUNDIAL DA SIDA, “SEN ESTIGMAS”
Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia. Este ano, coincidindo coa celebración do Día Mundial da SIDA, elaborouse unha Campaña para incrementar os coñecementos fronte a infección do VIH e outras ETS sempre promovendo a igualdade de trato e a non discriminación entre as persoas afectadas, empoderándoas para evitar a autoexclusión, fomentando habilidades que axuden a afrontar o posible estigma e discriminación. O obxectivo desta campaña é informar sobre a existencia das ETS e concienciar do uso axeitado do preservativo como medio de prevención eficaz. Para iso, a Asociación Érguete Baixo Miño lembra que mantén de xeito continuado e gratuíto ao longo de todo o ano un servizo de facilitación e distribución de preservativos para todas aquelas persoas que o desexen.
|