Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


OFERTA PROGRAMAS DE PREVENCIÓN ESCOLAR E FAMILIAR CURSO 2021/22

 

Érguete Baixo Miño presenta os programas que ofrece gratuítamente nos centros educativos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

alt

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores/as que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Se precisas máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda. 

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

 

Visualiza ou descarga a Guía de Programas AQUÍ