Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


I Xornada Empresarial

Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”
sábado día 15 de xullo

Cartel-EncontroEmpresas2017


A Asociación Érguete Baixo Miño, organiza o vindeiro sábado día 15 de xullo a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!” que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda, na sala de exposicións da planta baixa.

O acto, que dará comezo as 09:00 da mañá, está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man, a través do contacto directo con varias empresas da zona do Baixo Miño e arredores, información sobre o que buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir para futuras contratacións.

As intervencións correrán a cargo de representantes das empresas:

  • Cerámicas Técnicas Galegas, S.L. (Certega) – A Guarda
  • Nortempo - Recursos Humanos y Trabajo Temporal - Porriño
  • Viveros Nilo, S.L. – Figueiró, Tomiño

Esta xornada é o peche do taller de formación e activación cara a procura de emprego que comezamos o 13 de xuño e que se enmarca dentro do Programa Érguete Emprega que está financiado pola Deputación de Pontevedra, a través da Subvención de Acción Social que esta entidade percibe para o ano 2017.

Indicamos a continuación detalle do acto programado

PROGRAMA DO ENCONTRO CON EMPRESAS  “NON TE PARES - ÉRGUETE!!”

LUGAR REALIZACIÓN: CENTRO CULTURAL – CONCELLO DE A GUARDA
DATA, HORARIO E DURACIÓN: SÁBADO 15 DE XULLO DE 2017, DE 09:00 A 11:30 H
PARTICIPANTES: SESIÓN ABERTA AO PÚBLICO EN XERAL

09:00 Recepción de asistentes e presentación do acto
09: 15 Mesa redonda de empresas (Certega - Nortempo - Viveros Nilo)

11:15 Rolda de preguntas
11:30 Peche Xornada