Taller de CONSTELACIÓNS FAMILIARES, DE PARELLA, PERSOAIS, LABORAIS
En colaboración coa Asociación Érguete Baixo Miño, Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach, especialista en PNL- impartirá una taller de Constelacións Familiares. Trátase dunha ferramenta terapeútica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. É dicir, a través das constelacións -unha experiencia vivencial- poden desenmarañarse os enredos do noso sistema familiar e recuperar a fortaleza e os vínculos fundamentais que estaban detidos nun determinado conflicto.
A actividade está aberta a toda a poboación que desexe participar, diferenciando entre as persoas que desexen constelar (coste 50 €) e as que prefiren servir de apoio á constelación (gratis). Este primeiro taller terapeútico realizarase durante toda a xornada do sábado día 30 de xaneiro a partir das 10:00 h. da mañá no local social da Asociación Érguete Baixo Miño.
Todas aquelas persoas que desexen constelar ou participar como apoio poderán inscribirse deixando os seus datos no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, ou ben no teléfono 986 614 407 ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|