Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Emprendemento Xuvenil 2017

EMPRENDER A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A XUVENTUDE EMPRENDEDORA

Cartel_Xornadas_Empregate_2017

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías baixo a colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.

Trátase dun proxecto encamiñado a crear un espazo de comunicación para a mocidade sobre as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da rede.

Esta actividade está dirixida a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario é de 16:00 a 21:00 h. os luns, mércores e venres.
Iniciaremos estes talleres o 25 de setembro e finalizaremos o 13 de outubro, cubrindo un total de 50 h. e onde emitiremos un certificado de participación.

O taller completo é gratuíto e temos como emprazamento a Aula de Informática de San Benito (Praza San Benito, 2-3 -36780 de A Guarda). É imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparás na web www.erguete.org
 

Os módulos temáticos son os seguintes:

  • Talller “MARKETING DIXITAL” – 10 h.

a. Que queres facer?
b. Como o queres facer?
c. Cando o vas a realizar?
d. Onde o vas a facer?

  • Taller “REDES SOCIAIS” – 20 h.

a.    Cal será a máis acertada para a túa idea?
b.    Utilización da rede

  • Taller “APPS” – 15 h.
  • Proxecto individual – 5 h.

Tamén podes solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

DESCARGAR FORMULARIO INSCRIPCIÓN