Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso de "PLANTAS MEDICINAIS"

alt

luns día 2 de outubro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Prantas Medicinais”.

Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. Como obxectivos do curso destacamos :

-       - Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias.

-       - Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación.

-       - Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas.

-       - Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos.

-       - Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.

 

A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os luns dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro, en horario de 18:30 a 21:00 h.

O custe do curso é de 6 € e o prazo de inscrición remata o 20 de setembro.

 

Para máis información:

Asociación Érguete Baixo Miño

r/Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra),

Tlfno.: 986 614 407 / e-mail   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo