Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Érguete Emprega!! 2020

Érguete Emprega” Programa de Inserción Socio-Laboral: activación e formación cara procura dun emprego.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño apostamos pola integración socio-laboral das persoas drogodependentes e exdrogodependentes, e por iso un ano máis poñemos en marcha o programa Érguete Emprega! que complementa actuacións de atención individualizada e grupal para promover e facilitar a autonomía de todas estas persoas –tanto na dimensión social como na laboral–.

Algúns dos obxectivos que se traballarán ao longo do programa coas persoas participantes son: a mellora das capacidades e aptitudes persoais, ver como explotar o mellor de cada persoa e así descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais. Tendo en conta as realidades deste colectivo, aplicando a perspectiva de xénero e a diversidade cultural.

O programa está financiado pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias.