O mércores día 6 de setembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2017” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Musicoterapia”.
Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos :
- Coñecer as posibilidades que ofrece a música como ferramenta de intervención lúdica, educativa e terapeútica.
- Traballar a memoria e as emocións.
- Mellorar o estado físico e anímico do corpo e a mente e previr o malestar físico.
- Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.
- Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 6 de setembro ata o 29 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00.
Inscríbete xa!!
Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra),
Tlfno.: 986 614 407 / e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|