Asociación Érguete Baixo Miño

Asociación de Prevención das Conductas Aditivas, Educación e Promoción da Saúde

Necesitas axuda?
Ven falar con nós
Queres descubrir os nosos programas?
Coñece o que facemos
Queres formar parte da solución?
Quero colaborar
Sobre nós

Máis de 35 anos erguendo oportunidades

A Asociación Érguete Baixo Miño é unha entidade sen ánimo de lucro e de utilidade pública que traballa nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia. Nacimos a comezos dos 90 da man de veciños e veciñas preocupadas polo impacto das drogas nas familias da comarca.

Hoxe somos un equipo profesional e voluntario que promove a prevención das adiccións, a educación para a saúde e a inclusión social das persoas en situación de vulnerabilidade no Baixo Miño.

Qué facemos

Os nosos programas e servizos

Deseñamos e desenvolvemos programas gratuítos de prevención, atención ás condutas aditivas e incorporación social e laboral, adaptados ás necesidades da comarca do Baixo Miño.

Programas de prevención de condutas adictivas

Traballamos na escola, coas familias, coa mocidade, coas mulleres e na comunidade para educar en hábitos saudables, ofrecer información rigorosa sobre drogas e outras adiccións (como o xogo ou o uso das TIC) e fortalecer habilidades persoais que protexen fronte ás condutas de risco.

Atención ás adiccións

Ofrecemos acompañamento e apoio a persoas con problemas de adiccións e ás súas familias: información, mediación con institucións, cobertura de necesidades básicas, programas de reducción de danos e recursos específicos para mellorar o benestar e a saúde.

Incorporación social e laboral

Desenvolvemos accións formativas e itinerarios personalizados de inserción sociolaboral para persoas en situación ou risco de exclusión social, con especial atención á alfabetización básica, á mellora da empregabilidade e á autonomía persoal.

Colabora

Suma forzas con nós

O teu apoio fai posible que sigamos acompañando a persoas e familias con menos oportunidades na nosa comarca. Hai moitas maneiras de sumar:

Faite socio/a

Colabora cunha cota periódica e axúdanos a dar estabilidade aos programas.

Fai un donativo puntual

Calquera achega é importante para manter os servizos gratuítos.

Faite voluntario/a

Participa nas actividades, apoia na organización ou axúdanos a difundir o noso labor.

Por que Érguete Baixo Miño?

Dende a súa creación, Érguete Baixo Miño mantén un compromiso firme coa prevención das condutas aditivas e coa mellora da calidade de vida das persoas e familias do Baixo Miño. Traballamos en coordinación coas administracións públicas, centros educativos, entidades sociais e tecido asociativo da comarca.

Grazas ao apoio dos socios/as, das subvencións e dos donativos, podemos continuar ofrecendo programas gratuítos de información, prevención, educación para a saúde e inclusión social.

Novas

Actualidade e actividades

Descubre as últimas actividades, campañas e proxectos da Asociación Érguete Baixo Miño.

¡Finalizamos con éxito o programa «Érguete Emprega» 2025! 🚀

Ao longo de todo o ano 2025, dende a Asociación Érguete Baixo Miño, levamos a cabo o programa de inserción socio-laboral «Érguete Emprega». Esta iniciativa ...
Leer más →
Cartel dos programas escolares e familiares de prevención de condutas adictivas de Érguete Baixo Miño para o curso 2025/26

Érguete Baixo Miño: Máis de 35 anos impulsando a prevención e a saúde na nosa comarca

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño reafirmamos o noso compromiso histórico co benestar dos nosos veciños e veciñas. Tras máis de tres décadas e media ...
Leer más →
Cartel de cursos gratuitos en A Guarda: Clases de español y alfabetización, y Formación en coñecementos básicos dixitais de Érguete Baixo Miño.

Erguete Baixo Miño: Impacto e Inclusión Social na Comarca en 2025.

Inclusión Social en el Baixo Miño: Balance de actuaciones de la Asociación Erguete en 2025 Durante el año 2025, la Asociación Erguete Baixo Miño ha ...
Leer más →
Cartel informativo de Érguete Baixo Miño sobre programas de prevención escolar e familiar 2025-2028

Programas de Prevención Escolar e Familiar para o curso 2025/26

A Asociación Érguete Baixo Miño pon a disposición dos centros educativos da Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia a súa guía de Programas Escolares e ...
Leer más →

OFERTA PROGRAMAS DE PREVENCIÓN ESCOLAR E FAMILIAR CURSO 2021/22

Érguete Baixo Miño presenta os programas que ofrece gratuítamente nos centros educativos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia. Estes programas están dirixidos ao ...
Leer más →

TALLER FANZINE

Asociación Érguete Baixo Miño informa que proximamente impartirase un Taller gratuíto para a Mocidade, entre 16 e 30 anos, para a elaboración, publicación e divulgación ...
Leer más →
Scroll al inicio