Dende a Asociación Érguete Baixo Miño comunicamos o peche do proxecto «Non o deixes ao azar», desenvolvido durante a anualidade de 2025. Este proxecto, enmarcado no Plan +Xuventude 2025 e financiado pola Deputación de Pontevedra, tivo como obxectivo promover hábitos saudables e previr condutas de risco entre a mocidade.
Balance e resultados
Tras meses de traballo intenso, o proxecto logrou consolidar unha rede de captación efectiva para a poboación de entre 18 e 35 anos. Entre os fitos máis destacados atopamos:
- Accións formativas: Realizáronse obradoiros presenciais centrados na toma de decisións, a xestión da impulsividade e a prevención de riscos.
- Sensibilización dixital: Difusión de «pílulas formativas» en redes sociais.
Un compromiso que continúa
Aínda que esta edición do programa chega ao seu fin, a necesidade de abordar as adiccións comportamentais derivadas da alta prevalencia do xogo en liña segue a ser unha prioridade para a nosa entidade.
Agradecemos o apoio da Deputación de Pontevedra (Servizo de Xuventude e Reto Demográfico) por facer posible este programa, así como a todos os mozos e mozas que decidiron participar e «xogar con cabeza».


