Quen somos
A nosa historia
A Asociación Érguete Baixo Miño naceu en xuño de 1990 na vila da Guarda. O punto de partida foi a preocupación dun grupo de familias pola realidade do consumo de drogas na comarca e polas consecuencias que tiña na vida cotiá das persoas e das súas contornas máis próximas.
Nos seus inicios, a entidade recibiu o nome de Asociación de Familiares e Amigos de Drogodependentes. Co paso do tempo, a realidade social foi cambiando e tamén o labor da asociación: a mirada centrouse non só nas drogas, senón en todas as condutas aditivas e nos factores sociais que xeran desigualdade e exclusión.
Hoxe Érguete Baixo Miño é unha referencia na comarca en materia de prevención, educación para a saúde e acompañamento a persoas e familias con dificultades sociais.
Misión e visión
A nosa misión
A nosa misión é previr as adiccións e promover a saúde a través da educación na comunidade; apoiar de maneira integral ás persoas afectadas por problemas adictivos e ás súas familias; e favorecer a súa integración social e laboral, especialmente cando se atopan en situación de vulnerabilidade.
A nosa visión
Queremos ser unha entidade de referencia na comarca do Baixo Miño polo impacto real da nosa acción preventiva, polo apoio integral que ofrecemos e pola calidade dos servizos sociais que prestamos, sempre cun enfoque de mellora continua e sustentabilidade.
Os nosos valores
As liñas de actuación de Érguete Baixo Miño baséanse nun conxunto de valores que orientan o noso día a día:
Traballo en rede
Colaboramos con outras entidades, servizos e recursos da comarca para dar respostas conxuntas ás necesidades das persoas e implicar activamente á comunidade.
Igualdade de oportunidades
Procuramos que todas as persoas teñan ás mesmas oportunidades na comunidade, incorporando a perspectiva de xénero.
Compromiso coas persoas
Implicámonos coas persoas que forman parte da asociación, coas persoas usuarias e coa contorna social na que traballamos.
Respecto
Tratamos a todas as persoas por igual e defendemos a dignidade como elemento esencial da cohesión social.
Coherencia
As nosas accións están sempre aliñadas coa misión, a visión e os valores da entidade, co fin de garantir un traballo transparente, responsable e continuo no tempo.
Cómo nos organizamos
O equipo técnico multidisciplinar de Érguete Baixo Miño fai posible a planificación, execución e avaliación dos programas de prevención e intervención en condutas aditivas, así como doutras actividades vinculadas ao benestar social na comarca.
Todo o persoal está contratado conforme ao Convenio de Intervención e Acción Social, e a carga de traballo adáptase ás necesidades de cada proxecto.
