EMPRÉGATE: CREA A TÚA IMAXE NA REDE
POSICIÓNATE, FAITE VISIBLE, XERA NEGOCIO… O FUTURO ESTÁ NA REDE!!

Abrimos o prazo de inscrición para participar nas Xornadas de Emprendemento Xuvenil “Emprégate: crea a túa imaxe na rede” que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar – Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.
Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas na rede, coa finalidade de materializalas exitosamente.
As partes das que consta o proxecto son as seguintes:
-XORNADAS “Planificación sobre os medios sociais”
-TALLER “Branding Persoal”
-TALLER “Formatos Multimedia”
-TALLER “Videocurrículum”
-WORKSHOP “Creación de blogues”
As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño do 07 ao 21 de setembro e son de balde.
DESCARGAR DÍPTICO INFORMATIVO
DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail emprego@erguete.org
|