Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


PROGRAMA CAMBIO DE SENTIDO

Programa de prevención do consumo de alcohol
e outras drogas na condución de vehículos.

PROGRAMA CAMBIO DE SENTIDO

Coa chegada do verán aumenta a afluencia de mozos e mozas nas autoescolas dispostos a pórse ao volante dun vehículo, e con elo tamén comeza dende Érguete Baixo Miño a nosa campaña de prevención  do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos co Programa “Cambio de Sentido”.

As autoescolas, como espazos de formación de condutores, supoñen un aliado fundamental e clave na incorporación de actitudes, intencións de conduta e hábitos saudables para os novos condutores, e por iso, como cada ano, é fundamental contar co seu apoio, agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización desta actividade.

Para conseguir este obxectivo nas autoescolas se levarán a cabo sesións de dúas horas, nas que se tratarán temas como: a seguridade vial, o alcohol e outras drogas, a ilusión de invulnerabilidade, o uso-abuso de alcohol, recomendacións en caso de ter pensado beber alcohol, cómo actuar ante una intoxicación etílica e o trinomio, medicamentos, drogas y condución. Ao finalizar a sesión, os/as alumnos/as realizarán un test de simulacro de condución baixo os efectos das drogas, no que demostrarán o aprendido sobre os riscos dos consumos ao volante.

Esta actividade está subvencionada pola  Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras.