Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso Mediadores

“Curso Mediadores en Promoción da Saúde”

Curso mediadores Protección Civil

Este venres terá lugar na sede social da Asociación Érguete Baixo Miño, dentro do seu Programa de Formación de Mediadores Sociais, un “Curso de Mediadores en Promoción da Saúde” para o persoal de Protección Civil (AVPC) de A Guarda que conta con aproximadamente 20 mozos e mozas voluntarias.

Este curso estará enfocado cara a promoción da saúde e centrarase en ofrecer, ao persoal voluntario do AVPC A Guarda, ferramentas para desenvolver actuacións preventivas eficaces no marco do seu traballo ou actividade na sociedade. Impartiranse temas como: introdución ás condutas aditivas, normativa e lexislación vixente en materia de drogas, pautas de intervención e recursos existentes na nosa comunidade.

Esta actividade está subvencionada pola  Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016.