Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Programa Escolar e Familiar Curso 2016-17

TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO

programaescolar2016-17_01A Asociación Érguete Baixo Miño xa comezou a impartir as actividades de prevención escolar para este curso 2016/17 co alumnado dos centros educativos da comunidade.

Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/95 vense impartido na aula coa colaboración dos titores, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan o Programa de Intervención Socioeducativa na Aula como apoio ao anterior programa.

Este ano ampliamos considerablemente o número de Talleres organizados achegándonos a máis beneficiarios/as, en total e tan só neste trimestre, realizamos intervención con alumnos/as de 4º, 5º, 6º de EPO e de 1º da ESO. Un total de 190 nenos/as e adolescentes do CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP Sobrada e CPR San José Carmelitas.

No segundo trimestre xa temos concretadas as intervencións no CEIP A Sangriña, CEIP de Tebra e IES A Sangriña, así como tamén iniciar o Programa de Escolas de Nais e Pais no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e no CEIP de Tebra.

Os contidos xerais deste programa son os seguintes:programaescolarfamiliar2016-17_02_opt

  • Valorar a saúde.
  • Aumentar a autoestima e o coñecemento dun/a mesmo.
  • Habilidades sociais e personais.
  • Correxir algunhas ideas erróneas sobre as drogas.
  • Aprender a expresar o que se pensa e sinte.
  • Pedir axuda cando sexa necesario.
  • Resistir a presión de grupo.
  • Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión
  • Aprender a calmarse e relaxarse

A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.

Agradecemos moito a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións.