Taller de RESPIRACIÓN CONSCIENTE E MEDITACIÓN
Taller de SAÚDE E EMOCIÓNS
O vindeiro mes de outubro, iniciamos outras duas actividades dende a Asociación Érguete Baixo Miño.
- Os mércores e con periodicidade semanal retomamos o Taller de Respiración Consciente e Meditación: Aprende a Calmar a Mente e as súas Emocións, en horario de 18:00 a 20:00 h. Trátase dunha actividade que xa iniciamos no pasado mes de maio e que pretendemos darlle continuidade ao longo de todo o ano. Eminentemente práctico, creamos un espazo permanente onde poidamos afrontar mellor o estrés e eliminar a ansiedade, é dicir, levar a mente a casa para soltar e relaxarse. As persoas poderán participar libremente durante o tempo que necesiten polo que as inscricións mantéñense sempre abertas. As persoas interesadas poderán disfrutar dunha primeira clase gratuita e sen compromiso antes de inscribirse formalmente na actividade.
- Tamén, a partir do xoves día 13 de outubro iniciamos nova actividade, un Taller de Saúde e Emocións: Coñece o teu Corpo e a Reflexoloxía Podal dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender sobre as relacións que existen entre as emocións e as enfermidades e iniciarse na practica de masaxes a través da reflexoloxía podal tan beneficiosa para a saúde. Durante cinco xoves consecutivos en horario de 18:00 a 20:00 h. Nesta actividade as prazas son limitadas para poder traballar en grupo reducido esta técnica.
Todas estas actividades teñen como emprazamento o local social da Asociación Érguete Baixo Miño.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información de cada unha delas e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 -640 086 376 (vía WhatsApp) ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Guardar
Guardar
Guardar
Guardar
Guardar
|