Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Cambio de Sentido

“Cambio de sentido”

Programa de prevención do consumo de alcohol

e outras drogas na condución de vehículos.

 

Coa chegada do verán aumenta a afluencia de mozos e mozas nas autoescolas dispostos a pórse ao volante dun vehículo, e con elo tamén comeza dende Érguete Baixo Miño a nosa campaña de sensibilización co Programa “Cambio de Sentido” de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos.

 

Trátase dunha actuación preventiva, impartida directamente polas técnicas da Asociación nas autoescolas e que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.      

 

Como cada ano, é fundamental contar co apoio das Autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade.

 

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras.

Ver Folleto Programa