“Aprende a Comunicarte con Éxito: Comunicación Efectiva para o entorno Familiar, Social e Laboral”
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que para o vindeiro mes de outubro comeza un Curso gratuíto para a Mocidade, entre 16-35 anos, sobre a Comunicación Efectiva para o entorno Familiar, Social e Laboral “Aprende a Comunicarte con Éxito”. De xeito inmediato comezaremos este curso que se impartirá os martes en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 h.- (en total serán 16 horas) no local da Asociación Érguete Baixo Miño e seguindo estritamente o protocolo Covid-19. As prazas son moi limitadas a un máximo de 10 persoas.
Esta actividade atópase dentro do Programa de Iniciativa Xove e está financiado pola Consellería de Política Social -Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- da Xunta de Galicia.
Os mozos e mozas descubrirán habilidades de comunicación tan efectivas como a asertividade, a defensa de opinións, o respecto da posición do/a contrario/a e sobre diferentes técnicas de resolución de conflitos para poñer en práctica na vida relacional, tanto familiar, social coma laboral. Se trata de mellorar habilidades que resultan primordiais como por exemplo para conseguir e manter un emprego, para facilitar a convivencia familiar, para detectar e manexar abusos emocionais , é dicir, os/as participantes aumentarán as competencias de comunicación interpersoal, de traballo con persoas e de cara ao público.
Para máis información e inscricións, invitamos a achegarse ás instalacións de Érguete na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, tamén a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou ben nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
|