Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Campaña Tabaco 2018

31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco

e aberto prazo de inscrición para Curso Gratuíto para Deixar de Fumar


Este 31 de maio, celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Trátase dun día fundamental dentro das accións que a Asociación leva a cabo, posto que se trata dunha das adicións máis prexudiciais para a saúde.


Este ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedícalle o día ao tabaco e enfermidades cardiovasculares co slogan “O tabaco rompe corazóns – elixa saúde, non tabaco”. Dentro de todas as consecuencias que carrexa ser fumador, tanto pasivo como activo, preténdese destacar o impacto que ten o tabaco na saúde cardiovascular.


Aproveitando a celebración deste día, ábrese prazo de inscrición dun curso gratuíto para deixar de fumar, nas instalacións de Érguete Baixo Miño, e que será levado a cabo polo departamento de psicoloxía da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).


O curso ten unha duración de 7 sesións de hora e media cada unha, durante 7 semanas e totalmente gratuíto, con un depósito de 60€ que se devolverán, en caso de asistir a todas as sesións, ao final do mesmo. En caso de non asistencias esporádicas, penalizarase parcialmente.


A metodoloxía que se emprega é a de redución gradual do consumo de tabaco e aproximadamente na metade do curso, déixase de fumar, facilitando ao usuario técnicas e ferramentas eficaces para conseguilo. Unha vez rematado o curso, trabállase a prevención de caídas e recaídas co persoal laboral de Érguete Baixo Miño así como co departamento de psicoloxía da AECC.


Animamos a todas as persoas a cambiar os hábitos nocivos por unha vida plena e sa deixando de ser escravos dunha adición.


Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete ou tamén poden facelo a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

Formulario de inscripción Curso para deixar de fumar