Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso “TÉCNICAS DE RELAXACIÓN, COMBATER O ESTRÉS E A ANSIEDADE”

Cartel Curso Relaxación

A Asociación Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar nun novo curso de “Técnicas de Relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que dará comezo neste mes de xaneiro baixo a colaboración da Deputación de Pontevedra -dentro do Programa “Ti Tamén Contas 2014”- e o Concello de A Guarda.

 

A actividade está aberta a toda a poboación e realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño en A Guarda cun custe de 6 euros.

O curso dará comezo o mércores 21 de xaneiro cunha sesión semanal en horario de tarde e cunha duración total de 30 horas.

 

Todas aquelas persoas que desexen participar poderán inscribirse simplemente deixando os seus datos no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, ou ben no teléfono 986 614 407 ou no e-mail   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo