Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


COMUNICADO ESTAFA

COMUNICADO OFICIAL DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

PARA TODOS OS VECIÑOS DA COMARCA

ANTE A APARICIÓN DUNHA ESTAFA NO NOSO NOME


Recentemente, chegou ao noso coñecemento de que un grupo de persoas está pedindo polas casas de particulares cartos en nome da nosa Asociación, citando a un membro da nosa Xunta Directiva.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda, dedicada a prevención das drogodependencias, educación e promoción da saúde queremos

COMUNICAR

que esta Asociación NON realiza ningunha actividade de petición de DONATIVOS porta a porta. As vías oficiais que temos para a achega de donativos ou axuda económica realízanse mediante as aportacións dos SOCIOS ou o ingreso na nosa conta bancaria.

Polo tanto, queremos advertir a todos os veciños do Baixo Miño que en ningún momento colaboren de forma económica con estas persoas xa que se trata dunha ESTAFA.

Para calquera dúbida ou consulta poden contactar con nós a través do teléfono 986 61 44 07 ou na nosa sede sita na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador) A Guarda.