Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Fin dos Programas Educativos 2012-13

TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO

 

A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades escolares de prevención realizadas neste curso escolar 2012/13 co alumnado dos centros educativos da comunidade.

Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/5 é impartido directamente polos titores na aula, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan talleres co alumnado. Nesta ocasión os beneficiarios foron nenos/as e mozos/as escolarizados pertencentes aos cursos de 6º de Primaria, de 1º da ESO e de PCPI con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, ascendendo a un total de 181 alumnas/os do I.E.S. de Tomiño, do CEIP de Sobrada de do CPR Padres Somascos de A Guarda.

Durante estas actividades, traballáronse aspectos como:

-          A autoestima e a saúde.

-          Coñecer os riscos de consumir: alcohol e tabaco.

-          Corrixir algunhas ideas erróneas acerca das drogas.

-          Aprender a expresar o que se pensa e sinte.

-          Pedir axuda cando sexa necesario.

-          Resistir a presión de grupo.

-          Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión

 

A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.

Agradecemos a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións.

vintes de tomar unha decisión