Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


2ª EDICIÓN TALLER "QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!"

Xornadas para Mellorar as Habilidades Profesionais

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca a 2ª Edición do Taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” para mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo.

Ten como obxectivo aumentar a cualificación profesional para facilitar e conseguir a inserción laboral utilizando unha metodoloxía individualizada. O programa está organizado en catro módulos e os participantes poderán participar naquel que máis lles interese, aínda que se da prioridade ás persoas que se inscriban no taller completo.

Nesta ocasión, dividimos o taller en dúas partes: unha convócase durante este mes de xuño e a segunda parte impartirase despois do verán. O calendario e os contidos organízanse do seguinte xeito:

  1. - CURRÍCULUM VITAE EFICAZ E “MARCA PERSOAL” - Días 22 e 26 de xuño de 9 a 14 h
  2. - AUTOMOTIVACIÓN - Día 24 de xuño de 9 a 14 h.
  3. - ENTREVISTAS DE TRABALLO: COMO ENFRENTARSE A ELA - Días 29 de xuño e 1 de xullo de 16 a 21 h.
  4. - BÚSQUEDA EMPREGO POR INTERNET E OPORTUNIDADES NEGOCIO NA REDE - Día 3 xullo de 9 a 14 h. 

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir este FORMULARIO DE INSCRICIÓN  e tamén enviar o Currículum Vitae a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Esta actividade será impartida nas instalacións da Asociación Érguete Baixo Miño e para o desenvolvemento da mesma conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

Cartel_QueresTraballarAxudamosche2015