CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCIOS/AS
A Xunta Directiva desta Asociación convoca a todos/as os/as socios/as, á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o xoves día 25 de xuño de 2.015; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior. 2º Presentación do Estado de Contas. 3º Presentación da Memoria de Actividades 2.014 e Programa para o 2.015. 4º Proposta de modificación dos Estatutos da Entidade. 5º Rogos e preguntas.
Este ano 2015 a Asociación está de aniversario, nada máis e nada menos que 25 anos de traballo, e ao remate da xuntanza a directiva e todos/as aqueles socios/as que nos queiran acompañar iremos cear xuntos (a conta corre a cargo de cada un/ha). O lugar e o custo da cea se concretará ese mesmo día, en función da cantidade de persoas que sexamos.
Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
)
|