Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


CURSO DE TÉCNICO/A EN COCIÑA PARA DESEMPREGADOS/AS

Convocamos un Curso de Técnico/a en Cociña dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 420 h.

 

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A primeira parte do curso comezará o vindeiro 5 de setembro ata o 30 de novembro en horario de 09:00 a 14:00 h. Mentres que a segunda fase de prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

 

Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

 

As persoas interesadas só teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é gratuito.

 

Se precisas máis información, contacta con nós na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407 ou no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo