Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Conferencias Para que enferma o teu corpo?

CONFERENCIAS GRATUÍTAS “¿PARA QUE ENFERMA O TEU CORPO?”

A RELACIÓN ENTRE AS EMOCIÓNS E AS ENFERMIDADES

CartelConferencias_opt-

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza unha Charla–Coloquio Gratuíta nos diferentes Concellos da Comarca baixo o título “¿Para que enferma o teu corpo?: a relación entre as Emocións e as Enfermidades”, que trata de abarcar unha visión completa dun modelo universal en relación coas diferentes enfermidades que as persoas podemos desenrolar ao longo da vida.

Para elo, a Asociación conta con Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach e especialista en PNL, entre outras moitas especialidades que completan o seu extenso currículum.

A primerira conferencia realizarase o xoves día 18 de febreiro na Casa da Cultura do Concello de Tomiño, mentres que o venres 19 desenvolverase no Centro Cultural de A Guarda. O día 25 a conferencia desenvolverase no Auditorio Angel Bedriñana do Concello de Baiona e o venres 26 de febreiro será na Sala de Exposición do Concello de O Rosal.

O horario será nos catro emprazamentos ás 8 da tarde.

Estas charlas gratuítas realízanse grazas á colaboración por parte dos Concellos de Tomiño, A Guarda, Baiona e Oia.

A actividade está aberta a toda a poboación que desexe participar. Para máis información tan só poñerse en contacto cona entidade no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, chamando ao teléfono 986 614 407 ou neste correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo