Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Día Mundial sen Tabaco

31 de Maio, DÍA MUNDIAL SEN TABACO

 

 Cada 31 de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN TABACO  para recordar que provoca múltiples preocupacións a toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais, e un longo etcétera.

O tema concreto deste ano é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. As probas acumuladas amosan que a prohibición completa da publicidade, reduce o número de persoas que adquiren ou manteñen o hábito de fumar. As estatísticas amosan que a prohibición da publicidade e o patrocinio do tabaco é unha das medidas máis eficaces para reducir a demanda de tabaco e constitúe, polo tanto, unha das “mellores inversións” para combatelo. A epidemia mundial do tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, onde máis de 600.000 son non fumadoras que morren por respirar o fume alleo.

 

A Asociación Érguete Baixo Miño contribúe a protexer á poboación presente e futura desta adicción, educando en hábitos de vida saudables nos talleres que realizamos nas escolas e animando ás persoas novas a que por ningún motivo se inicien no consumo desta substancia. Tamén, dende Érguete ofrecemos axuda ás persoas que desexen deixar de fumar a través do asesoramento individual e personalizado ao cal poden acceder gratuitamente contactando coa entidade.

 

Asociación Érguete Baixo Miño

r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda

986 614 407   - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    - facebook.com/erguetebm   - @ErgueteBM

 

Campaña Día Mundial sen Tabaco 2013

Cartel 1: http://www.who.int/campaigns/no-tobacco-day/2013/posters/poster1_es.pdf

Cartel 2: http://www.who.int/campaigns/no-tobacco-day/2013/posters/poster2_es.pdf

Video: http://video.who.int/streaming/wntd2013/WHO_PROD_WNTD2013_17MAY2013_SPA.wmv