Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso Auxiliar Forestal 2015

OS 10 ALUMNOS/AS DO CURSO “AUXILIAR FORESTAL”

XA ESTÁN MANS A OBRA COA FORAMCIÓN TEÓRICO-PRÁCTICA

105-AuxForestal15

Os dez alumnos/as do Curso de Auxiliar Forestal organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño e que se comezou a impartir a finais de outubro, xa están mans a obra realizando prácticas-formativas en espazos cedidos polas Comunidades de Montes. No Rosal, nos terreos da Canosa, ao redor do campo de fútbol, o alumnado realiza traballos de poda nas diferentes especies frondosas (carballo, faia, freixo, ...) plantadas alí, e limparán un pouco a zona. Tamén no Monte Santa Trega de A Guarda, ao carón do Parque do Cancelón, plantarán máis de trescentas árbores (pinos e frondosas), desbroce de acacia e poda de frondosa.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, queremos agradecer á Comunidade de Montes San Miguel do Rosal, a Comunidade de Montes da Guarda e ao Concello de A Guarda pola cesión de terreos e material, co cal é posible a realización destas prácticas, optimizando os recursos existentes.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.