Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Obradoiro Técnicas de Relaxación

Cartel erguete 

Ábrese o prazo de inscrición para participar no obradoiro sobre “Técnicas de relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Deputación de Pontevedra departamento de Servizos Sociais e Promoción de Emprego -dentro do Programa “Pensa en ti 2014”- e o Concello de A Guarda.

 

Trátase dunha iniciativa englobada dentro do Programa “Pensa en ti” que ten por finalidade mellorar a formación das mulleres, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade e intentando a súa incorporación o mercado laboral.

 

As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde. A duración do obradoiro é de 30 horas que abarcarán do 10 de setembro ao 17 de decembro, en horario de tarde todos os mércores.

 

Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

Descargar:

 
Día Internacional Loita Tráfico Ilicito Drogas

26 de xuño, Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas

Este 26 de xuño, xornada na que se celebra o Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas, a UNAD –Unión Nacional de Asociacións de Axuda ao Drogodependente- da cal a Asociación Érguete Baixo Miño forma parte, unímonos a todas aquelas iniciativas e propostas que claman no mundo pola protección e o respecto aos dereitos humanos das persoas con problemas de adicións.

Pedimos, neste sentido, que cando se trata de actuar en materia de drogas, se teña en conta ás persoas. Consideramos que é necesario apoialas para que podan rehabilitarse, evitando un maior risco de exclusión social.

Ademais, neste 2014, queremos expresar a nosa profunda preocupación ante a inminente reforma do Código Penal, xa que resulta prexudicial para as persoas que teñen problemas de adiccións, para elo pide publicamente ao Goberno e a todos os grupos do arco parlamentario que atendan á experiencia acumulada da nosa rede durante máis de 20 anos.

A rede UNAD elaborou una serie de propostas destinadas a mellorar a actual redacción, baseadas en cinco aspectos:

1. Delitos patrimoniais, roubos y furtos.

UNAD pide que non se endureza o castigo para os delitos patrimoniais, como roubos e furtos xa que non creceron nos últimos tempos. Considera, que aumentar o castigo ás persoas con problemas de adiccións por estes delitos só contribuirá a dificultarlles o acceso a terapias alternativas á prisión.

2. Regulación de elementos clave para a recuperación das persoas drogodependentes.

UNAD entende que as penas e medidas alternativas á prisión, están dando bos resultados, por elo o Código Penal non necesita modificacións que veñan a restrinxir a normativa vixente, que permite, entre outros, a suspensión da pena para persoas drogodependentes que finalizaran con éxito o proceso e se rehabilitaran. Pola contra, o ideal é que se flexibilicen as medidas xa existentes e se incorporen outras que son ben coñecidas en países do noso entorno e que acumulan bos resultados.

3.A nova regulación das medidas de seguridade.

Estender medidas de seguridade posteriores ao cumprimento dunha pena para evitar a comisión dun posible e futuro delito é un retroceso. Unha medida que non respecta os dereitos e garantías das persoas.

Ademais, entendemos que internar a unha persoa nun centro de deshabituación non debe exceder o prazo de 2 anos, cunha posible prórroga de 12 meses máis, no caso de ser estritamente necesario.

4. Eximentes e atenuantes da responsabilidade criminal.

UNAD, considera que este é o momento adecuado para introducir as ludopatías e outras adiccións sen sustancia no catálogo de circunstancias atenuantes e eximentes.

5. Mediación no ámbito penal.

Por último, a rede UNAD valora de forma moi positiva que se introduza a figura da mediación e solicita que se implante como circunstancia atenuante, xunto á de reparación do dano.

Como principal rede asociativa europea dedicada á atención dos problemas de adiccións con implantación en todo o Estado, UNAD está vinculada á realidade cotiá do consumo de drogas e coñece ben as necesidades actuais das persoas afectadas. Por elo, reclama que se escoite e teña en conta a súa opinión á hora de atopar solucións eficaces.

A rede UNAD aposta pola prevención e unha actuación educativa dirixida especialmente á infancia e adolescencia, que lles advirta non só acerca das sustancias prohibidas, senón tamén do alcohol, onde os efectos sobre a saúde poden ser igual de nocivos.

 

 ¡POLA APLICACIÓN DE ALTERNATIVAS Á PRISIÓN PARA DROGODEPENDIENTES!

 
POSPONSE A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN, PARA O MARTES 18 DE FEBREIRO

NOTA INFORMATIVA

 

Fonte: Asociación Érguete Baixo Miño

Data: 13/02/2014

 

POSPONSE A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN,

PARA O MARTES 18 DE FEBREIRO

 

 

 

A Asociación Érguete Baixo Miño apoia e asistirá esta tarde á Manifestación contra o Desmantelamento da Sanidade Pública que terá lugar as 20:00 h. en Vigo polo que,

 

 

Postergamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria que tiñamos prevista para esta tarde, dirixida a todos os socios/as desta entidade,  para o MARTES día 18 de febreiro de 2.014; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

 

 

Para calquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse por teléfono/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edificio O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra), por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), no twitter @ErgueteBM ou facebook.com/erguetebm.

 

 

Desculpen os inconvenientes que lles puidemos causar.

Reciban un atento saúdo,

 

 

A Xunta Directiva

 
Asamblea Xeral Socios 2014

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea a Xeral Ordinaria que terá lugar o xoves día 13 de febreiro de 2.014; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2º Presentación do Estado de Contas.

3º Presentación da Memoria de Actividades 2.013 e Programa para o 2.014.

4º Resolución sobre os Cargos da Xunta Directiva e Asociados/as.

5º Rogos e preguntas.

 

Para calquera consulta contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edificio O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra), por correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , no twitter @ErgueteBM ou facebook.com/erguetebm.

 

Agradecemos de antemán as vosas aportacións e participación.

   

A Xunta Directiva

 
Día Mundial SIDA 2013

01 DE DECEMBRO

DÍA MUNDIAL DA SIDA

 

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

 

Este ano, coincidindo coa celebración do Día Mundial da SIDA, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública deseñou unha campaña online chamada Sex invaders que está dirixida á mocidade para previr as infeccións de transmisión sexual (ITS).

 

O obxectivo desta actividade é informar sobre a existencia das ITS, concienciar da importancia da súa prevención e tratamento e promover o sexo seguro. Para acadar este obxectivo, creouse un perfil en Facebook chamado Sex invaders e colgouse dentro del un xogo que consiste en superar diferentes niveis nos que o xogador/a loitará contra diferentes parasitos, virus e bacterias que producen ITS.

 

A duración desta campaña que xa comezou o 18 de novembro é de seis semanas pero o xogo soamente estará activo as catro primeiras. Para transmitir a información sobre as ITS colgaranse mensaxes preventivas tanto no xogo coma no perfil de Facebook. Durante as catro primeiras semanas concederase un iPad Mini ao xogador/a que acade a maior puntuación de cada semana e finalmente entregarase un iPhone 5c ao xogador/a que acade a maior puntuación das catro semanas. 

 

O enlace para acceder ao perfil de Facebook no que se desenvolverá esta campaña é este: facebook.com/sexinvaders

 

VER CARTEL CAMPAÑA


Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

 

 
Curso Comercio

CURSO de “VENDA NO PEQUENO COMERCIO”

PARA DESEMPREGADOS/AS

 

Convocamos o Curso de Venda en Pequeno Comercio que vai dirixido a persoas sen emprego e con perfil profesional ou intereses dentro do ámbito do comercio. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 380 h.

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 16 de outubro en horario de 08:30 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

 Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar -Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rosal.

 As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. Remata o prazo o venres día 11 de outubro.

 Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 16 de 22