Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Obradoiros nais/pais Tomiño

FALEMOS

O próximo venres día 13, comezaremos no CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño uns Obradoiros dirixidos a nais/pais con fillos/as que cursan Educación Primaria nese centro.

Falemos_2015

 
Curso Auxiliar Forestal

CURSO de “AUXILIAR FORESTAL” PARA DESEMPREGADOS/AS

tree_doctorConvocamos un Curso de Auxiliar Forestal enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 200 h.

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-práctica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 28 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro e xaneiro.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.

As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. O prazo de inscrición remata o venres día 23 de outubro.

Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Programas Educativos Curso 2015-16

Co inicio do novo curso escolar, presentamos a guía breve dos programas que a Asociación Érguete Baixo Miño, no seu traballo cara a Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde, oferta a todos os centros educativos da Comarca do Baixo Miño.

Estes programas formativos e informativos, van destinados a sensibilizar ao alumnado e ás familias para afrontar unha realidade á que cada vez se enfrontan a idades máis temperás. De forma lúdica e dinámica abordamos temas como as substancias, a resolución de conflitos, a presión de grupo, o ocio saudable, as pautas de actuación para os pais/nais e mestres, etc. traballando de forma específica no reforzo da personalidade.


 
XORNADAS XUVENTUDE 2015

XORNADAS EMPRENDEMENTO XUVENIL
TALLERES GRATUÍTOS PARA
MELLORAR OS TEUS COÑECEMENTOS DA REDE


Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar nunhas Xornadas de Emprendemento Xuvenil, nas que se pretende dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios para xestionar a súa propia imaxe na rede.

As xornadas constan de cinco talleres onde se traballarán os seguintes contidos:
•    “FERRAMENTAS WEB” E “CREACIÓN DE BLOGS” 28 e 30 de setembro, 2 de outubro
•    “REDES SOCIAIS” 5 de outubro
•    “COMMUNITY MANAGER e SOCIAL MEDIA MANAGERTALLER” 8 e 9 de outubro
•    “POSICIONAMENTO NA REDE (SEO e SEM)” 14 de outubro

Estes talleres realizaranse en horario de tarde (de 16:30 a 21:30 h) nas aulas de Informática San Benito.

A actividade está organiza pola Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar – Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.

Para inscribirse ou solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN

Cartel_Xornadas_Xuventude_2015

 
Obradoiro Técnicas de Relaxación

Obradoiro
“TÉCNICAS DE RELAXACIÓN,
COMBATER O ESTRÉS E A ANSIEDADE”

O vindeiro xoves día 10 de setembro, comeza na seda da Asociación Érguete Baixo Miño, unha nova edición do obradoiro “Técnicas de relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que organiza esta Asociación xunto coa colaboración da Consellería de Sanidade e a Deputación de Pontevedra dentro do Programa “Ti tamén Contas 2015”.

A duración do obradoiro é de 30 horas que abarcarán dende o 10 de setembro ata o 17 de decembro, en horario de 19:30 a 21:30 h.tarde todos os xoves.

 
EMPRÉGATE: CREA A TÚA IMAXE NA REDE

EMPRÉGATE: CREA A TÚA IMAXE NA REDE

POSICIÓNATE, FAITE VISIBLE, XERA NEGOCIO… O FUTURO ESTÁ NA REDE!!

Cartel_Emprgate2015

Abrimos o prazo de inscrición para participar nas Xornadas de Emprendemento Xuvenil “Emprégate: crea a túa imaxe na rede” que organiza a  Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar – Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.


Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas na rede, coa finalidade de materializalas exitosamente.


As partes das que consta o proxecto son as seguintes:

-XORNADAS “Planificación sobre os medios sociais”

-TALLER “Branding Persoal”

-TALLER “Formatos Multimedia”

-TALLER “Videocurrículum”

-WORKSHOP “Creación de blogues”


As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño do 07 ao 21 de setembro e son de balde. 

DESCARGAR DÍPTICO INFORMATIVO

DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN

Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail emprego@erguete.org


 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 13 de 22