Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCIOS

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o venres día 29 de xuño de 2.012; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte


ORDE DO DÍA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2º Presentación do Estado de Contas.

3º Presentación da Memoria de Actividades 2.011 e Programa para o 2.012.

4º Presentación de Candidaturas e elección de novos Cargos da Xunta Directiva.

5º Rogos e preguntas.

 

Ábrese o prazo para a presentación de Candidaturas ás eleccións da Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño, que poderán ser comunicadas por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

 

Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente

 

A Xunta Directiva

 
INICIATIVA, LIBERARSE DO TABACO

31 de maio, Día Mundial sen Tabaco


A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “A interferencia da industria do tabaco” centrándose na necesidade de denunciar e contrarrestar os descarados intentos da industria tabaqueira para saltarse o Convenio Marco para o Control do Tabaco (CMCT da OMS).

 

O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia mundial do tabaquismo mata a preto de 6 millóns de persoas cada ano, das cales máis de 600.000 son non fumadores/as expostos ao fume de tabaco alleo. A menos que actuemos, o tabaco matará ata 8 millóns de persoas en 2030, das cales máis do 80% vivirá en países de baixos e medianos ingresos.

Na Asociación seguimos ofrecendo axuda psicolóxica a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun Curso de Deshabituación Tabáquica gratuíto e que permanece aberto durante todo o ano, será impartido pola Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!

Enlace campaña 2012: http://www.who.int/tobacco/wntd/2012/announcement/es/index.html

 
Estafa Donativos

COMUNICADO OFICIAL DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

PARA TODOS OS VECIÑOS DA COMARCA

ANTE A APARICIÓN DUNHA ESTAFA NO NOSO NOME

Estes días, non sabemos exactamente cando comezaron, un grupo de persoas está pedindo nas rúas e polas casas de particulares cartos en nome da nosa Asociación ou citando a un membro da nosa Xunta Directiva.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda, dedicada a prevención das drogodependencias, educación e promoción da saúde queremos

COMUNICAR

que esta Asociación NON realiza ningunha actividade de petición de DONATIVOS porta a porta. As vías oficiais que temos para a achega de donativos ou axuda económica realízanse mediante as aportacións dos SOCIOS.

Polo tanto, queremos advertir a todos os veciños do Baixo Miño que en ningún momento colaboren de forma económica con estas persoas xa que se trata dunha ESTAFA.

Para calquera dúbida ou consulta poden contactar con nós a través do teléfono 986 61 44 07 ou na nosa sede sita na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador) A Guarda.

 
7 de abril, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: a boa saúde engade vida aos anos

Con motivo do Día Mundial da Saúde 2012, A Asociación Érguete Baixo Miño únese á Campaña da OMS na que nos presenta algunhas persoas de idade en todo o mundo, lonxe dos estereotipos que polo xeral pesan sobre elas.

 

Recomendamos  que se adopte un estilo de vida saudable ao longo de todo o ciclo vital, co fin de preservar a vida, manterse san e paliar a discapacidade e a dor na vellez. Os ambientes adaptados ás necesidades das persoas maiores, a prevención, a detección precoz e o tratamento de enfermidades melloran o benestar dos maiores.

 

Na campaña do Día Mundial de la Saúde deste ano, a OMS desexa ir más aló da labor de sensibilización para promover accións concretas e un cambio positivo. Esta campaña ten como obxectivo conseguir a participación de toda a sociedade –as instancias normativas, os/as políticos, os/as maiores e a mocidade – co fin de:

  • Adoptar medidas destinadas a crear una sociedade que recoñeza o valor das persoas maiores e a súa achega, e lles permita participar plenamente; e
  • Contribuír a protexer e mellorar a saúde da poboación a medida que envellece.

 

Lanzarse de cabeza dende as grandes alturas é a paixón de Helmut Wirz, de 87 anos. Este farmacéutico xubilado descubriu o salto con corda elástica (bungee-jumping) cando tiña 75 anos, «Cando estou aí, suspendido, síntome completamente en calma», comenta, a pesar de que só o sostén unha corda elástica atada nas pernas. 


Máis información desta campaña en:
http://www.who.int/world-health-day/2012/es/index.html

 
OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES NO IES TOMIÑO

Obradoiros no institutoEste mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.

 

As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.

 

A finalidade destes obradoiros é a de traballar directamente co alumnado para dotalos  de habilidades que lles fagan mellorar a xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

 
INICIO DE TRES TALLERES DE PREVENCIÓN NO I.E.S. A SANGRIÑA


A partir deste martes a Asociación Érguete Baixo Miño inicia diversos Talleres de prevención no IES A Sangriña de A Guarda dirixidos a mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º, 3º da ESO e 1º, 2º de PCPI, sumando un total de 183 participantes.

Os talleres a realizar son:
o    Taller de Comunicación e Habilidades Sociais – 1º ESO
o    Taller de Consumo e Valores – 3º ESO
o    Taller Non pasa nada, pasa algo? – 1º e 2º PCPI

Nestas actividades, impartidas por unha Educadora e Traballadora Sociais da Asociación, contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando un total 50 horas de intervención directa. Grazas á permanente colaboración por parte do IES A Sangriña podemos realizar estas actividades así coma a colaboración da Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

A finalidade destes talleres son adestrar en diferentes habilidades proporcionando ao alumnado un maior afianzamento da súa personalidade e unha mellor xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 19 de 22