Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Obradoiro Relaxación

Obradoiro
“TÉCNICAS DE RELAXACIÓN,
COMBATER O ESTRÉS E A ANSIEDADE”

cartelrelax2015

Ábrese o prazo de inscrición para participar no obradoiro sobre “Técnicas de relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Consellería de Sanidade e a Deputación de Pontevedra dentro do Programa “Pensa en ti 2015”.
A duración do obradoiro é de 30 horas que abarcarán dende o 27 de maio ao 29 de xullo, en horario de 19:00 a 22:00 h.tarde todos os mércores.

A actividade realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño cun custe total de 6 euros.

As persoas interesadas poderán solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

 
PROGRAMA CAMBIO DE SENTIDO

Programa de prevención do consumo de alcohol
e outras drogas na condución de vehículos.

PROGRAMA CAMBIO DE SENTIDO

Coa chegada do verán aumenta a afluencia de mozos e mozas nas autoescolas dispostos a pórse ao volante dun vehículo, e con elo tamén comeza dende Érguete Baixo Miño a nosa campaña de prevención  do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos co Programa “Cambio de Sentido”.

As autoescolas, como espazos de formación de condutores, supoñen un aliado fundamental e clave na incorporación de actitudes, intencións de conduta e hábitos saudables para os novos condutores, e por iso, como cada ano, é fundamental contar co seu apoio, agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización desta actividade.

Para conseguir este obxectivo nas autoescolas se levarán a cabo sesións de dúas horas, nas que se tratarán temas como: a seguridade vial, o alcohol e outras drogas, a ilusión de invulnerabilidade, o uso-abuso de alcohol, recomendacións en caso de ter pensado beber alcohol, cómo actuar ante una intoxicación etílica e o trinomio, medicamentos, drogas y condución. Ao finalizar a sesión, os/as alumnos/as realizarán un test de simulacro de condución baixo os efectos das drogas, no que demostrarán o aprendido sobre os riscos dos consumos ao volante.

Esta actividade está subvencionada pola  Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras.

 
Curso “TÉCNICAS DE RELAXACIÓN, COMBATER O ESTRÉS E A ANSIEDADE”

Cartel Curso Relaxación

A Asociación Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar nun novo curso de “Técnicas de Relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que dará comezo neste mes de xaneiro baixo a colaboración da Deputación de Pontevedra -dentro do Programa “Ti Tamén Contas 2014”- e o Concello de A Guarda.

 

A actividade está aberta a toda a poboación e realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño en A Guarda cun custe de 6 euros.

O curso dará comezo o mércores 21 de xaneiro cunha sesión semanal en horario de tarde e cunha duración total de 30 horas.

 

Todas aquelas persoas que desexen participar poderán inscribirse simplemente deixando os seus datos no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, ou ben no teléfono 986 614 407 ou no e-mail   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

 

 

 
“QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!”

cartel queres traballar axusamoste

 “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!”

Taller de Habilidades e Competencias para o Emprego

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” para mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo.

Ten como obxectivo aumentar a cualificación profesional para facilitar e conseguir a inserción laboral utilizando unha metodoloxía individualizada. O programa está organizado en catro módulos e os participantes poderán participar naquel que máis lles interese, aínda que se da prioridade ás persoas que se inscriban no taller completo.

I.- plan de busca e currículum vitae 

Días 5, 7 e 10 de novembro de 9 a 14 h.

II.- entrevista e competencias

Días 12, 14, 17 e 19 de novembro de 9 a 14 h.

III.- como buscar emprego en internet

Días 21, 24 e 26 de novembro de 16 a 21 h.

IV.- autoemprego e formación

Días 28 de novembro e 1 de decembro de 9 a 14 h.

A duración total do obradoiro é de 60 horas. 

As prazas para participar son limitadas baixo rigorosa orde de chegada.

O prazo de inscrición remata o luns 27 de outubro.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o formulario que se atopa máis abaixo e remitilo cunto co C.V. a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Esta actividade está organizada pola Asociación Érguete Baixo Miño que conta coa axuda da Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Grupo San Benito e o Concello de A Guarda.

Para máis información e inscricións contacta coa Asociación Érguete Baixo Miño situada na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

 Descargas:

Formulario de inscrición

Cartel

 
CURSO de “BEDEL, AXUDANTE DE DOCUMENTACIÓN” PARA DESEMPREGADOS/AS

CURSO de “BEDEL, AXUDANTE DE DOCUMENTACIÓN” 

PARA DESEMPREGADOS/AS

Convocamos un Curso de Bedel, Axudante de Documentación enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 380 h.imagen

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-práctica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 24 de setembro en horario de 08:30 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar, o Fondo Social Europeo 2007/2013 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.

As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. O prazo de inscrición remata o mércores día 17 de setembro.

Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda

(Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 15 de 22