Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Información Curso Deshabituación Tabáquica

Organiza: a Asociación Érguete Baixo Miño e a Asociación Española contra o Cancro.

Imparte o curso unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro, na sede da Asociación Érguete Baixo Miño.

Está dirixido a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar de forma voluntaria, sen importar o concello no que residan.

Obxectivos:

    - Facilitar o proceso de abandono do tabaco

    - Favorecer a conducta de abstinencia

    - Diminuír a probabilidade de recaídas.

Metodoloxía:

     - O curso consta de 7 sesións presenciais de carácter semanal, dunha hora e media de duración (en anos anteriores realizouse os mércores en horario de 17:00 a 18:30, isto pode variar en función das necesidades do grupo).

    - Tamén se realizará unha sesión de presentación e 3 seguimentos: o primeiro seguimento é presencial e trabállase como unha sesión máis para reforzar a abstinencia e previr posibles recaídas; o segundo e o terceiro seguimento será telefónico.

Inscricións: temos unha lista de pre-inscrición aberta todo o ano (se adxunta pre-inscrición).

1.- Para a realización do curso precísase formar un grupo de persoas(establécese un mínimo de dez e un máximo de quince). Ata chegar a este número non se formaliza a inscrición definitiva.

2.- Unha vez formado o grupo notifícase aos inscritos a data da presentación, na cal se decidirán os días de realización e o horario.

3.- A pre-inscrición do curso é totalmente gratuíta e non trae consigo ningún tipo de compromiso no caso de non querer asistir cando se notifique a data definitiva.

 

Esta pre-inscrición pode remitila a través do correo electrónico ou ben directamente cubrila/entregala nas nosas oficinas.

Descarga formulario de inscrición

 
31 de maio, día mundial sen tabaco

TabacoHoxe martes celébrase o Día Mundial sen Tabaco e queremos recordar o importante avance con respecto a esta adicción, pese ás numerosas críticas que aínda a día de hoxe se seguen recibindo pola aplicación da Lei Antitabaco 42/2010 do 30 de decembro, cada vez son máis as persoas que deciden non iniciarse ou deixar de consumir esta substancia.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “o Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco” como principal instrumento de control do tabaco a nivel mundial representando todo un logro no progreso da saúde pública.

Máis información: http://www.who.int/mediacentre/events/annual/wntd/es/

En Érguete Baixo Miño seguimos ofrecendo axuda a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun curso gratuíto e impartido por unha médica e unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!

Enlace campaña 2011: http://www.youtube.com/watch?v=B0nJlPWyxDA

 
Estudo Artesanal de Encadernación a prezos de Outlet
Seguimos mantendo aberto durante todo o ano o Estudo Artesanal de Encadernación onde ofrecemos a posibilidade de encadernar os teus traballos en diferentes formatos: rústico artesanal con tapa dura ou branda, espiral, a presión e personalizados ademais da restauración. Dende Érguete animamos a todas as persoas que desexen recuperar libros, revistas, fascículos ou apuntes a que se acheguen ó obradoiro e que se informen sen compromiso.
Os prezos oscilan entre 1,50 € e 12,50 € dependendo do tipo e modelo do traballo a encargar. Tamén, en función da cantidade de libros a encadernar, realizaranse amplos descontos.
 
Talleres de prevención sobre adiccións no IES A Sangriña
IES A SangriñaPouco falta para rematar este curso escolar e a Asociación Érguete Baixo Miño inicia a súas derradeiras actividades escolares programadas de prevención para estes meses de maio e xuño.
Trátase de Talleres dirixidos a mozos e mozas escolarizadas pertencentes aos cursos de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de PCPI e con idades comprendidas entre os 15 e 20 anos. Neles participarán 171 alumnas/os do I.E.S. A Sangriña de A Guarda.
Durante estas actividades, que contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando en total 50 horas-, centrarémonos nos seguintes aspectos:
-          A diversión asociada ao consumo de substancias (incluíndo alcohol e tabaco).
-          Os seus efectos e consecuencias.
-          Mitos, tópicos e falsas crenzas.
-          Práctica de habilidades de afrontamento.
-          Buscando a diversión saudable.
A finalidade do programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou de abuso de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
 
« InicioAnterior2122SeguinteFinal »

Páxina 22 de 22