Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Conferencias Para que enferma o teu corpo?

CONFERENCIAS GRATUÍTAS “¿PARA QUE ENFERMA O TEU CORPO?”

A RELACIÓN ENTRE AS EMOCIÓNS E AS ENFERMIDADES

CartelConferencias_opt-

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza unha Charla–Coloquio Gratuíta nos diferentes Concellos da Comarca baixo o título “¿Para que enferma o teu corpo?: a relación entre as Emocións e as Enfermidades”, que trata de abarcar unha visión completa dun modelo universal en relación coas diferentes enfermidades que as persoas podemos desenrolar ao longo da vida.

Para elo, a Asociación conta con Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach e especialista en PNL, entre outras moitas especialidades que completan o seu extenso currículum.

A primerira conferencia realizarase o xoves día 18 de febreiro na Casa da Cultura do Concello de Tomiño, mentres que o venres 19 desenvolverase no Centro Cultural de A Guarda. O día 25 a conferencia desenvolverase no Auditorio Angel Bedriñana do Concello de Baiona e o venres 26 de febreiro será na Sala de Exposición do Concello de O Rosal.

O horario será nos catro emprazamentos ás 8 da tarde.

Estas charlas gratuítas realízanse grazas á colaboración por parte dos Concellos de Tomiño, A Guarda, Baiona e Oia.

A actividade está aberta a toda a poboación que desexe participar. Para máis información tan só poñerse en contacto cona entidade no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, chamando ao teléfono 986 614 407 ou neste correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Obradoiros persoais

Obradoiros
“AUTOESTIMA” e “TALLER DA RISA”

Ábrese o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de “Autoestima” e “Taller da Risa” que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración dos Concellos de A Guarda, Tomiño e O Rosal.
A duración de cada un dos talleres é de 32 horas que abarcarán dende o 3 -5 de febreiro ao 25-27 de maio, en horario de sete a nove da tarde todos os mércores e venres (ver carteis).

A actividade realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño  e será sen custe para as persoas socias da Asociación para unha actividade (e cun suplemento de 10€/mes se participan nos dous talleres). As persoas non socias e que desexen participar aboarán 15 €/mes.

As prazas están limitadas por rigorosa orde de inscrición, sendo a data límite o martes día 2 de febreiro.

As persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

CartelAutoestima

CartelTallerRisa

 
Constelación Familiares

Taller de CONSTELACIÓNS FAMILIARES,
DE PARELLA, PERSOAIS, LABORAIS

En colaboración coa Asociación Érguete Baixo Miño, Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach, especialista en PNL- impartirá una taller de Constelacións Familiares. Trátase dunha ferramenta terapeútica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. É dicir, a través das constelacións -unha experiencia vivencial- poden desenmarañarse os enredos do noso sistema familiar e recuperar a fortaleza e os vínculos fundamentais que estaban detidos nun determinado conflicto.

A actividade está aberta a toda a poboación que desexe participar, diferenciando entre as persoas que desexen constelar (coste 50 €) e as que prefiren servir de apoio á constelación (gratis).
Este primeiro taller terapeútico realizarase durante toda a xornada do sábado día 30 de xaneiro a partir das 10:00 h. da mañá no local social da Asociación Érguete Baixo Miño.

Todas aquelas persoas que desexen constelar ou participar como apoio poderán inscribirse deixando os seus datos no local da Asociación Érguete Baixo Miño sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda -Pontevedra, ou ben no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

CartelConstelacions2-2016

 
DIPLOMAS - QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!

Entrega de diplomas para os/as participantes da
2ª EDICIÓN - “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!”
Xornadas para Mellorar as Habilidades Profesionais

Foto_Taller

A Asociación Érguete Baixo Miño, ven de celebrar o pasado mes de outubro por segunda vez este ano 2015, unhas xornadas da 2ª Edición do Taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” que pretende mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo. Os temas abordados foron:

  • CURRÍCULUM VITAE EFICAZ
  • AUTOMOTIVACIÓN
  • ENTREVISTAS DE TRABALLO

Nesta ocasión, sumáronse aos participantes varios membros da Asociación San Xerome Emiliani, para os cales foi un gran reto que desembocou nun éxito. Durante varias xornadas de traballo os/as participantes adquiriron destrezas e habilidades que incrementan a súa empregabilidade.

Esta actividade foi financiada pola da Deputación de Pontevedra e as cotas dos/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño.

 
Curso Auxiliar Forestal 2015

OS 10 ALUMNOS/AS DO CURSO “AUXILIAR FORESTAL”

XA ESTÁN MANS A OBRA COA FORAMCIÓN TEÓRICO-PRÁCTICA

105-AuxForestal15

Os dez alumnos/as do Curso de Auxiliar Forestal organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño e que se comezou a impartir a finais de outubro, xa están mans a obra realizando prácticas-formativas en espazos cedidos polas Comunidades de Montes. No Rosal, nos terreos da Canosa, ao redor do campo de fútbol, o alumnado realiza traballos de poda nas diferentes especies frondosas (carballo, faia, freixo, ...) plantadas alí, e limparán un pouco a zona. Tamén no Monte Santa Trega de A Guarda, ao carón do Parque do Cancelón, plantarán máis de trescentas árbores (pinos e frondosas), desbroce de acacia e poda de frondosa.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, queremos agradecer á Comunidade de Montes San Miguel do Rosal, a Comunidade de Montes da Guarda e ao Concello de A Guarda pola cesión de terreos e material, co cal é posible a realización destas prácticas, optimizando os recursos existentes.

Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.

 
Campaña Día Mundial SIDA 2015

1 DE DECEMBRO
DÍA MUNDIAL DA SIDA, “SEN ESTIGMAS”
 

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.
Este ano, coincidindo coa celebración do Día Mundial da SIDA, elaborouse unha Campaña para incrementar os coñecementos fronte a infección do VIH e outras ETS sempre promovendo a igualdade de trato e a non discriminación entre as persoas afectadas, empoderándoas para evitar a autoexclusión, fomentando habilidades que axuden a afrontar o posible estigma e discriminación.
O obxectivo desta campaña é informar sobre a existencia das ETS e concienciar do uso axeitado do preservativo como medio de prevención eficaz. Para iso, a Asociación Érguete Baixo Miño lembra que mantén de xeito continuado e gratuíto ao longo de todo o ano un servizo de facilitación e distribución de preservativos para todas aquelas persoas que o desexen.

32740_dia-mundial-de-lucha-contra-el-sida-sin-estigmas

 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

Páxina 12 de 22