Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
XXX ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

alt

No pasado mes de xuño de 2020 conmemorouse o XXX Aniversario da creación da Asociación sen ánimo de lucro ÉRGUETE BAIXO MIÑO. Xa transcorreron 30 anos cando, a primeiros de xuño de 1990, sesenta persoas reúnense no antigo Colexio público M.R. Sinde de A Guarda para tratar da grave problemática do consumo de drogas que estaba ocasionando graves consecuencias persoais e sociais no Baixo Miño á cal asistiron Mari Carmen Avendaño, un avogado e varios membros da Asociación Érguete Vigo. Desa xuntanza saíu unha Xunta Xestora que elaborou os Estatutos da Asociación, sendo aprobados  o 3 de xullo dese ano polo Goberno Civil de Pontevedra, comezando esta traxectoria co nome de ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO -Asociación de Familiares e Amigos de Toxicómanos e Ex-Toxicómanos-.

Na modificación dos Estatutos en 2017, pasa a denominarse como ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE.

Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:

  • A consecución de maiores recursos e mais axeitados para a prevención, asistencia e incorporación social (acceso mercado laboral) das persoas que sofren algunha adición, as que sufriron algunha adición ou colectivos en desvantaxe social.
  • Fomentar unha vide mais saudable: minimizar os factores de risco e maximizar os factores de protección.
  • Informar, asesorar, apoiar e facilitar todo os medios necesarios para afrontar a problemática das condutas aditivas atendendo a toda a poboación xeral, especialmente mocidade, afectados directa ou indirectamente polas sustancias aditivas.
  • Xerar medidas de carácter educativo, sanitario, cultural e social con criterios de igualdade, dignidade e identidade para a toda a poboación e especificamente para os colectivos con problemáticas adversas: persoas que sofren algunha adición e persoas que sufriron algunha adición, afectados polo V.I.H /sida, discapacitados, mulleres, familias, mozos, inmigrantes, infancia, transeúntes, reclusos ou exreclusos , enfermos crónicos, persoas maiores e soas.
  • A formación continua nas temáticas relacionadas coa saúde en xeral e coas condutas aditivas, en particular para todo os membros da Asociación, así como a realización de actividades formativas e/ou con fins pedagóxicos para a comunidade en xeral e para os colectivos diana (axentes socializadores): profesorado, mulleres, mocidade, sector empresarial.
  • A realización de todas aquelas medidas legais de presión e a defensa dos dereitos das persoas que sofren algunha adición e/ou colectivos en desvantaxe social.

Segue aquí https://bit.ly/3f4Sn6N

 
Programa Educación para a Saúde na Escola Curso 2019/20

Inicio dos talleres de “Intervención Socioeducativa na Aula” no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, o martes día 3 e mércores día 4 de marzo, darán comezo os diferentes Talleres de Educación e Promoción da Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, que se prolongarán durante as vindeiras cinco semanas.

Nesta ocasión, traballaremos co alumnado de 2º da ESO as habilidades persoais e sociais así como a resolución de conflitos. O labor de Érguete Baixo Miño é lograr a implicación dos rapaces e rapazas para ser capaces de manexar axeitadamente as posibles situacións conflitivas tanto actuais coma futuras, así coma fortalecer as súas relacións interpersoais. Cabe mencionar tamén a importancia de incidir no autocoñecemento persoal para o desenvolvemento dunha autoestima positiva.

Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación ofrece de maneira gratuíta ás numerosas escolas e institutos do Baixo Miño, dentro do Programa de Educación para a Saúde na Escola, financiado pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias que colaboran nesta Asociación.

Para máis información, invitamos a todos a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.orgou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

 
Programa Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? Curso 2019/20

Talleres sobre Prevención das Condutas Aditivas no IES A Sangriña de A Guarda

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende xaneiro esta levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no I.E.S A Sangriña de A Guarda –Pontevedra-.

Trátase do programa denominado Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?  que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.

A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.

Esta acción está dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, ofrece de forma altruísta e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.

Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76. 

 
1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA

 

O 1 de decembro estaremos na Praza Avelino Vicente de 10:00 a 14:00 h.

alt

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a mañá do vindeiro domingo 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 h. estaremos informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente (Praza As de Copas) en A Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva).

Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “As comunidades marcan a diferenza”. Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,... respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continue presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.

Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas.

 
Programas Escolares e Familiares Curso 2019/20

Érguete Baixo Miño difunde os Programas Educativos e Familiares que desenvolve na Escola 

alt

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presenta unha breve guía informativa cos Programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda. 

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

Guía de Programas Educativos e Familiares Curso 2019/20 https://bit.ly/2Omh3LN

 
Xornada Empresarial 2019

Xornada Empresarial  “Non Te Pares, Érguete!!” 3ª edición - 2019


 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o vindeiro venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 h da mañá, terá lugar no Centro Cultural de A Guarda, a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019.


Neste acto teremos contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas:  Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir.


A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores da nosa entidade.
Esta xornada, é o peche do taller de formación e activación cara a procura de emprego que comezamos no mes de maio (cunha duración total de 80 h.) e cuias actividades son financiadas pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias.


Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 2 de 22