7 de abril, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: a boa saúde engade vida aos anos

Con motivo do Día Mundial da Saúde 2012, A Asociación Érguete Baixo Miño únese á Campaña da OMS na que nos presenta algunhas persoas de idade en todo o mundo, lonxe dos estereotipos que polo xeral pesan sobre elas.

 

Recomendamos  que se adopte un estilo de vida saudable ao longo de todo o ciclo vital, co fin de preservar a vida, manterse san e paliar a discapacidade e a dor na vellez. Os ambientes adaptados ás necesidades das persoas maiores, a prevención, a detección precoz e o tratamento de enfermidades melloran o benestar dos maiores.

 

Na campaña do Día Mundial de la Saúde deste ano, a OMS desexa ir más aló da labor de sensibilización para promover accións concretas e un cambio positivo. Esta campaña ten como obxectivo conseguir a participación de toda a sociedade –as instancias normativas, os/as políticos, os/as maiores e a mocidade – co fin de:

  • Adoptar medidas destinadas a crear una sociedade que recoñeza o valor das persoas maiores e a súa achega, e lles permita participar plenamente; e
  • Contribuír a protexer e mellorar a saúde da poboación a medida que envellece.

 

Lanzarse de cabeza dende as grandes alturas é a paixón de Helmut Wirz, de 87 anos. Este farmacéutico xubilado descubriu o salto con corda elástica (bungee-jumping) cando tiña 75 anos, «Cando estou aí, suspendido, síntome completamente en calma», comenta, a pesar de que só o sostén unha corda elástica atada nas pernas. 


Máis información desta campaña en:
http://www.who.int/world-health-day/2012/es/index.html

 
OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES NO IES TOMIÑO

Obradoiros no institutoEste mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.

 

As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.

 

A finalidade destes obradoiros é a de traballar directamente co alumnado para dotalos  de habilidades que lles fagan mellorar a xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

 
INICIO DE TRES TALLERES DE PREVENCIÓN NO I.E.S. A SANGRIÑA


A partir deste martes a Asociación Érguete Baixo Miño inicia diversos Talleres de prevención no IES A Sangriña de A Guarda dirixidos a mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º, 3º da ESO e 1º, 2º de PCPI, sumando un total de 183 participantes.

Os talleres a realizar son:
o    Taller de Comunicación e Habilidades Sociais – 1º ESO
o    Taller de Consumo e Valores – 3º ESO
o    Taller Non pasa nada, pasa algo? – 1º e 2º PCPI

Nestas actividades, impartidas por unha Educadora e Traballadora Sociais da Asociación, contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando un total 50 horas de intervención directa. Grazas á permanente colaboración por parte do IES A Sangriña podemos realizar estas actividades así coma a colaboración da Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

A finalidade destes talleres son adestrar en diferentes habilidades proporcionando ao alumnado un maior afianzamento da súa personalidade e unha mellor xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

 
Día Mundial do VIH/sida

ANTE O VIH ESTOU SEGURA/O

Ésta é a campaña da Federación Estatatal de Lesbianas, Gais, Transexuaules y Bisexuales, que enfatiza o uso do preservativo ante unha situación de risco.

"ME QUIERO, ME CUIDO Y ME PROTEJO. ANTE EL VIH... ESTOY SEGURO"


A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO está implicada no compromiso da prevención na transmisión do VIH/Sida. No Día Mundial do VIH/Sida, que se celebra o xoves 1 de decembro, participamos na proposta de ONUSIDA en relación á Campaña “Lights for rights” a través da cal fai una chamada de atención á poboación sobre o VIH e os dereitos das persoas afectadas.

Lograr unha maior accesibilidade da mocidade a mensaxes e materiais de prevención forma parte dos obxectivos para conmemorar este día.

A proba do VIH pode realizarse nos centros sanitarios da rede pública de maneira gratuíta e confidencial:

-       Centros de atención primaria: médico/a de cabeceira.

-       Centros de planificación familiar.

Tamén se poden facer en:

-       Laboratorios de análises clínicos.

Visita o enlace da Cruz Vermella para máis información detallada: http://www.cruzroja.es/vih/ ou no teléfono gratuíto 900 111 000.

Lembra que na Asociación, contamos cun Servizo de Información e de Asesoramento sobre VIH/Sida así como de Facilitación de Preservativos e de Xiringas totalmente gratuítos e confidenciais, abertos durante de todo ano. Tamén realizamos Talleres preventivos con mozas e mozos sobre Afectividade e Sexualidade, incidindo sobre un uso axeitado do preservativo.


30 ANOS DE LOGROS, 30 ANOS DE RETOS

Este ano, o Día Mundial da Sida coincide co aniversario dos primeiros casos rexistrados no mundo (Ano 1981 - EE.UU), e por iso a campaña que dende o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade así como a Consellería de Sanidade, fai unha reflexión sobre estes trinta anos de historia, de loita e de desafíos.

Descargar MANIFESTO DÍA MUNDIAL DA SIDA, GALICIA

Descargar CARTEL

 
« InicioAnterior12SeguinteFinal »

Páxina 1 de 2
Fad
Fad
Plan Nacional sobre Drogas