Novas
TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO
A Asociación Érguete Baixo Miño xa comezou a impartir as actividades de prevención escolar para este curso 2016/17 co alumnado dos centros educativos da comunidade.
Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/95 vense impartido na aula coa colaboración dos titores, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan o Programa de Intervención Socioeducativa na Aula como apoio ao anterior programa.
Este ano ampliamos considerablemente o número de Talleres organizados achegándonos a máis beneficiarios/as, en total e tan só neste trimestre, realizamos intervención con alumnos/as de 4º, 5º, 6º de EPO e de 1º da ESO. Un total de 190 nenos/as e adolescentes do CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP Sobrada e CPR San José Carmelitas.
No segundo trimestre xa temos concretadas as intervencións no CEIP A Sangriña, CEIP de Tebra e IES A Sangriña, así como tamén iniciar o Programa de Escolas de Nais e Pais no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e no CEIP de Tebra.
Os contidos xerais deste programa son os seguintes:
- Valorar a saúde.
- Aumentar a autoestima e o coñecemento dun/a mesmo.
- Habilidades sociais e personais.
- Correxir algunhas ideas erróneas sobre as drogas.
- Aprender a expresar o que se pensa e sinte.
- Pedir axuda cando sexa necesario.
- Resistir a presión de grupo.
- Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión
- Aprender a calmarse e relaxarse
A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.
Agradecemos moito a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións. |
3ª EDICIÓN - TALLER “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!” FERRAMENTAS E ACTITUDES PARA TOPAR EMPREGO - 2016
Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, abrimos o prazo de inscrición para participar na actividade formativa “Queres Traballar? Axudámosche”, que dará comezo o venres 04 de novembro. Trátase dun taller dirixido a todas aquelas persoas desempregadas que desexen adquirir ferramentas e actitudes favorecedoras para topar emprego.
Os contidos e as datas de impartición son:
- PLAN DE BÚSQUEDA DE EMPREGO – FOLLA DE RUTA – VENRES 04 de NOVEMBRO
- DESEÑO DUN CURRÍCULUM EFICAZ – LUNS 07, VENRES 11 E LUNS 14 de NOVEMBRO
- AUTOMOTIVACIÓN – MÉRCORES 09 E 16 de NOVEMBRO
- O TEU CV NA REDE – VENRES 18 E LUNS 21 de NOVEMBRO
- ENTREVISTAS DE TRABALLO – MÉRCORES 23 E 30 de NOVEMBRO
- WEBS E APPS PARA ATOPAR EMPREGO – VENRES 25 E LUNS 28 de NOVEMBRO
DURACIÓN: 60 HORAS LUGAR REALIZACIÓN: AULA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO METODOLOXÍA: DINÁMICAS, EXPOSICIÓNS E CASOS PRÁCTICOS HORARIO E CALENDARIO: DE 09:00 A 14:00 H. TODOS OS LUNS, MÉRCORES E VENRES DO MES DE NOVEMBRO Nº PARTICIPANTES: 15
O curso é totalmente gratuíto. Está financiado pola da Deputación de Pontevedra e as cotas dos/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño.
Podes solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Guardar
Guardar
Guardar |
Taller de RESPIRACIÓN CONSCIENTE E MEDITACIÓN
Taller de SAÚDE E EMOCIÓNS
O vindeiro mes de outubro, iniciamos outras duas actividades dende a Asociación Érguete Baixo Miño.
- Os mércores e con periodicidade semanal retomamos o Taller de Respiración Consciente e Meditación: Aprende a Calmar a Mente e as súas Emocións, en horario de 18:00 a 20:00 h. Trátase dunha actividade que xa iniciamos no pasado mes de maio e que pretendemos darlle continuidade ao longo de todo o ano. Eminentemente práctico, creamos un espazo permanente onde poidamos afrontar mellor o estrés e eliminar a ansiedade, é dicir, levar a mente a casa para soltar e relaxarse. As persoas poderán participar libremente durante o tempo que necesiten polo que as inscricións mantéñense sempre abertas. As persoas interesadas poderán disfrutar dunha primeira clase gratuita e sen compromiso antes de inscribirse formalmente na actividade.

- Tamén, a partir do xoves día 13 de outubro iniciamos nova actividade, un Taller de Saúde e Emocións: Coñece o teu Corpo e a Reflexoloxía Podal dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender sobre as relacións que existen entre as emocións e as enfermidades e iniciarse na practica de masaxes a través da reflexoloxía podal tan beneficiosa para a saúde. Durante cinco xoves consecutivos en horario de 18:00 a 20:00 h. Nesta actividade as prazas son limitadas para poder traballar en grupo reducido esta técnica.

Todas estas actividades teñen como emprazamento o local social da Asociación Érguete Baixo Miño.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información de cada unha delas e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 -640 086 376 (vía WhatsApp) ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Guardar
Guardar
Guardar
Guardar
Guardar |
En setembro, coa volta ao cole, retomamos o noso traballo no ámbito educativo e presentamos esta guía informativa cos Programas ofertados a todos os centros escolares da Comarca do Baixo Miño.
Cada programa, ten unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas para dar solución a posibles problemas de saúde a través de cambios voluntarios na conduta.
|
NOTA INFORMATIVA – Difusión Programa
PROCEDEMENTO: TR352C Subvencións para a contratación de traballadores desempregados pola entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Con data 20/07/2016 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, RESOLUCIÓN pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.0, a esta entidade ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO, a través da cal a partires do 01 de setembro de 2016 contrataremos a unha moza desempregada inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “PROGRAMA ÉRGUETE EMPREGA: ADQUISICIÓN DE PRÁCTICA E DESENROLO DA XESTIÓN DA ENTIDADE”.
Descrición do Programa:
Durante 7 meses, unha “Técnico en Administración e Finanzas” desempeñará as tarefas administrativas propias da entidade, o que lle dotará de experiencia e habilidades na xestión diaria.
Obxectivos e resultados:
1. Dar a oportunidade a un/ha mozo/a desempregado de traballar e adquirir unha experiencia laboral, que lle sirva para un futuro. 2. Mellorar a calidade dos servizos/programas/actuacións que esta entidade ofrece, tanto na organización interna como na atención directa ao usuario.
Financiación: Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

|
Curso de Coidado Persoais: “INTELIXENCIA EMOCIONAL”
O martes día 20 de setembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2016” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de Coidados Persoais “Intelixencia Emocional”. Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos : - Favorecer o intercambio de experiencias entre as persoas participantes creando espazos de encontro. - Aprender a importancia das emocións positivas, xestión das emocións. - Fomentar unha actitude positiva ante a vida e potenciar a autoestima. - Mellorar as relacións coas demais persoas e aprender a valorarse máis. - Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os martes dende o 20 de setembro ata o 20 de decembro, en horario de 18:30 a 21:30.
Inscríbete xa!!

|
|
|
Páxina 10 de 22 |
|
|
|