Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Excursión Illas Cies 2018

Aberto prazo de inscrición para a visita

ás Illas Cíes e ao barrio mariñeiro do Berbés de Vigo


A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende hoxe, día 1, e ata o 15 de xuño, ábrese prazo de inscricións para a visita ás Illas Cíes e ao barrio mariñeiro do Berbés de Vigo. Estas atópanse dentro das accións de cohesión social e xuventude, que a Asociación realiza durante todo o ano nos seus programas.


A excursión terá lugar o domingo 8 de xullo e conta cun prezo único por persoa de 12€ con todo incluído (traslado en autocar, ruta en barco, visita guiada e pícnic).


As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalación de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, ou ben chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376.


Este ano cóntase con dous autobuses e 108 prazas polo que se prevé moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas da comarca.


Esta actividade atópase financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “En ruta coa Depo 2018” e ten como obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais aos que se dirixe Érguete Baixo Miño, impulsando a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil.


É o segundo ano que Érguete Baixo Miño realiza este tipo de visitas lúdicas entre familiares e amizades desde unha perspectiva san, creando opcións de ocio e tempo libre dentro da prevención das condutas aditivas.

 

 
Campaña Tabaco 2018

31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco

e aberto prazo de inscrición para Curso Gratuíto para Deixar de Fumar


Este 31 de maio, celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Trátase dun día fundamental dentro das accións que a Asociación leva a cabo, posto que se trata dunha das adicións máis prexudiciais para a saúde.


Este ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedícalle o día ao tabaco e enfermidades cardiovasculares co slogan “O tabaco rompe corazóns – elixa saúde, non tabaco”. Dentro de todas as consecuencias que carrexa ser fumador, tanto pasivo como activo, preténdese destacar o impacto que ten o tabaco na saúde cardiovascular.


Aproveitando a celebración deste día, ábrese prazo de inscrición dun curso gratuíto para deixar de fumar, nas instalacións de Érguete Baixo Miño, e que será levado a cabo polo departamento de psicoloxía da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).


O curso ten unha duración de 7 sesións de hora e media cada unha, durante 7 semanas e totalmente gratuíto, con un depósito de 60€ que se devolverán, en caso de asistir a todas as sesións, ao final do mesmo. En caso de non asistencias esporádicas, penalizarase parcialmente.


A metodoloxía que se emprega é a de redución gradual do consumo de tabaco e aproximadamente na metade do curso, déixase de fumar, facilitando ao usuario técnicas e ferramentas eficaces para conseguilo. Unha vez rematado o curso, trabállase a prevención de caídas e recaídas co persoal laboral de Érguete Baixo Miño así como co departamento de psicoloxía da AECC.


Animamos a todas as persoas a cambiar os hábitos nocivos por unha vida plena e sa deixando de ser escravos dunha adición.


Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete ou tamén poden facelo a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

Formulario de inscripción Curso para deixar de fumar

 
Taller "Non te pares-Érguete!" 2ª edición _ 2018

Formulario Inscripción Taller "Non te pares - Érguete!" 2ª edición

Programa do Taller "Non te pares - Érguete!" 2ª edición

 

Aberto prazo de inscrición para a 2ª edición do taller “Non Te Pares, Érguete” totalmente gratuíto e con prazas limitadas

Dende o 04 de maio, abriuse o prazo de inscrición para a 2º edición do taller “Non te pares, Érguete” ata o 25 de maio, o cal será impartido polo persoal laboral da Asociación en conxunto cunha psicóloga experta na materia.


O taller está destinado para persoas en situación de desemprego e terá unha duración de 80h. A primeira xornada terá lugar o 29 de Maio e desenvolverase durante os martes, xoves e venres de 9h-14h de todo o mes de Xuño.


Algúns dos obxectivos que se traballarán son os conceptos de marca persoal, a mellora das capacidades e aptitudes persoais, así como tamén descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais.


O último día do taller, levarase a cabo a II Xornada Empresarial, onde se fará un encontro entre os asistentes e algunhas das empresas da zona para poñer en común as necesidades das mesmas e saber que é o que buscan no mercado laboral e como o buscan. Grazas a estas xornadas, na 1ª Edición conseguiuse alcanzar unha ocupación laboral do 25% dos asistentes.


Trátase dun dos talleres que máis expectación presenta na Comarca do Baixo Miño debido ao interese dos participantes de estar á última no mercado laboral, e de explotar o mellor de eles mesmos.


Atópase financiado pola Deputación de Pontevedra, Cohesión Social e Xuventude así como pola cota dos socios e socias e a colaboración do Concello de A Guarda pola cesión das instalacións.


Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición a través da web da entidade, www.erguete.org e facelo chegar ás instalacións da Asociación ou ben a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07/640 086 376.


Érguete Baixo Miño aposta pola formación profesional para o emprego así como pola incorporación social e laboral cara á prevención de hábitos e condutas aditivas e promoción e educación da saúde.

 
Taller de Mindfulness e Taller de Mediadores Sociais en Tomiño

Inicio de talleres innovadores no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e no CEIP Sobrada de Tomiño impartido polo persoal laboral de Érguete Baixo Miño


O mércores, 2 de maio, e venres, 4 de maio, a Educadora Social da Asociación, levará a cabo dous talleres de prevención e promoción da saúde co alumnado ao longo de cinco sesións en cada centro, e que se desenvolverá a través do mes de maio.


Por unha banda, cos rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, desenvolverase o taller de “Mindfulness”, un dos talleres que levamos impartido a máis de 250 alumnos e alumnas de entre 6-10 anos de toda a Comarca do Baixo Miño. Consiste nunha disciplina relacionada co benestar integral, complemento clave para a aprendizaxe social e emocional o cal xera melloras, entre outros, na memoria, na concentración, na resposta inmunolóxica e no auto-control.
 

Non obstante, nesta ocasión, as sesións vanse levar a cabo dende unha perspectiva diferente, traballando á vez, técnicas de “Mindfulness” e Ioga. Con este novo enfoque, búscase reducir situacións de conflitividade, gañar unha mellor regulación das emocións, aumentar a empatía e a compaixón ou minorar os niveis de estrés. Este taller, atópase dentro do programa Empodérate, financiado pola subvención a cargo do IRPF 2017 (execución 2018) ademais da axuda das cotas dos socios.
 

Pola outra banda, a Educadora Social de Érguete Baixo Miño traballará con rapaces e rapazas de 5º de primaria do CEIP Sobrada en Tomiño co taller de “Mediadores Sociais” subvencionado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias que forma parte da Asociación.
 

Estamos a falar dun taller que está enfocado para adultos pero que nesta ocasión levarase á cabo con rapaces e rapazas de 11 anos, con contido adaptado e na procura de formar ao alumnado con modelos de actitudes e comportamentos clave dentro da estratexia de prevención de condutas violentas e axuda de resolución de conflitos dentro do mesmo colexio.
As accións, levadas a cabo polo persoal laboral da Asociación, sempre levan intrínseco un enfoque de educación e promoción da saúde como referente de cara á prevención de condutas aditivas e nocivas para as persoas.

 

 
XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD en Madrid

 

Os próximos días 12 e 13 de abril, estaremos presente na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD (La Unión de Asociaciones y Entidades de Atención al Drogodependiente) en  Madrid, como socios e compoñentes da vogalía de UNAD en Galicia dentro da Rede de Atención ás adicións.

Na orde do día estarán presentes temas xerais como a rendición de contas e toma de decisións así como puntos máis concretos como por exemplo o tema dos novos perfís en adicións, onde se traballará e debaterá sobre as maneiras de afrontar os novos escenarios en adicións á vez que se afondará nas estratexias de traballo conxuntas para reivindicar as políticas de adicións.

Dentro da orde do día, tamén se falará da Estratexia Nacional de Adicións 2017-2024 a cargo de D. Francisco de Asís Babín, Delegado do Goberno para o PNSD (Plan Nacional Sobre Drogas).

O presidente de Érguete Baixo Miño, Victoriano Rodríguez González, xunto con Natalia González González –Técnico de Prevención en Condutas Aditivas e vogal da UNAD–, ademais de asistir a Asemblea Xeral da UNAD en Madrid, participarán en diferentes coloquios e mesas de experiencia onde se permitirá intercambiar iniciativas valiosas en este sector, así como presentar ideas e propostas de traballo moi positivas en todos os aspectos.

Este tipo de actividades a nivel nacional son moi favorables de cara a valorar diferentes puntos de vista así como diferentes maneiras de traballo.

Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.

 
Fin dos Talleres realizados no IES de Tomiño en Curso 2017/18

 

Rematamos os programas de “Intervención Socioeducativa na Aula” e “Perséfone Saúde” no IES Antón Alonso Ríos

 

foto alumnos IES Tomiño

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que hoxe luns, 9 de abril, damos por rematado os programas de Intervención Socioeducativa na Aula e Perséfone Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño despois de mes e medio de traballo co alumnado e impartido polas Técnicas de Prevención en Condutas Aditivas da nosa entidade.

Logo de 28 sesións de intervención directa con rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos realizando talleres para traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos, así como ocuparse das diferenzas de xénero, pódese considerar que os obxectivos establecidos previamente, foron superados con creces así como a boa acollida que sempre teñen este tipo de talleres e actividades.

Dentro dos obxectivos definidos inicialmente no programa Perséfone Saúde levado a cabo en 1º e 2º FPB, buscouse mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos rapaces e rapazas así como facilitar o autocoñecemento persoal nunhas idades con gran influencia nas relacións sociais. Tamén se traballou para identificar os recursos propios e as capacidades para tomar decisións saudables durante o seu crecemento e proxecto vital e promover actitudes de prevención de “dependencias sentimentais ou afectivas”.

Pola outra banda, no curso de 2º da ESO, e dentro do programa de Intervención Socioeducativa na Aula, traballouse nos obxectivos de mellorar as relacións interpersoais e o autocoñecemento do alumnado aumentando a autoestima e a valoración positiva dun mesmo, aprendendo a manexar as emocións que poden chegar a condicionar os nosos sentimentos e comportamentos. Potenciar valores como a colaboración e o respecto e practicar a empatía e a asertividade, son accións moi positivas nestas idades.

Como punto de conexión entre os dous talleres realizados, destacamos a creación de espazos que fomentan a súa propia personalidade con opinión e criterio e a conexión coa motivación pola súa saúde.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 5 de 22