OFERTA PROGRAMAS DE PREVENCIÓN ESCOLAR E FAMILIAR CURSO 2021/22

 

Érguete Baixo Miño presenta os programas que ofrece gratuítamente nos centros educativos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

alt

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores/as que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Se precisas máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda. 

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

 

Visualiza ou descarga a Guía de Programas AQUÍ

 
TALLER FANZINE

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que proximamente impartirase un Taller gratuíto para a Mocidade, entre 16 e 30 anos, para a elaboración, publicación e divulgación dun Fanzine. De xeito inmediato comezaremos esta actividade que se impartirá os martes en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 h.- (en total serán 24 horas) no local da Asociación Érguete Baixo Miño. As prazas son limitadas respectando o aforo e as medidas sanitarias actuais.

alt

Nesta actividade compartiremos libremente ideas, pensamentos e sentimentos co resto do mundo. Trátase dunha ferramenta de empoderamento persoal que fortalece a autoestima e o coñecemento persoal. O obxectivo é fomentar a expresión, a creatividade e a innovación, así como promover hábitos saudables e de prevención de condutas de risco.

O formato Fanzine é unha publicación artística que permite difundir ideas cunha total liberdade de expresión.

Esta actividade atópase dentro do Programa de Iniciativa Xove e está financiado pola Consellería de Política Social -Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- da Xunta de Galicia.

Para máis información e inscricións, invitamos a achegarse ás instalacións de Érguete na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, tamén a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ben nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

 
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIAS/OS ANO 2021

 

A Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño convoca a todas/os as/os socias/os a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o venres día 25 de Xuño de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social respectando o protocolo COVID-19, e que contará co seguinte

 

ORDE DO DÍA:

1º Aprobación se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2020

2º Aprobación se procede, das Contas anuais do exercicio 2020

3º Aprobación se procede, do Orzamento Económico do exercicio 2021

4º Aprobación se procede, Memoria Actividades 2020

5º Aprobación se procede, Plan de Traballo 2021

6º Rogos e preguntas.

alt

Para calquera aclaración poden contactar nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Empoderando 2019

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a partir de hoxe, ábrese o prazo de inscrición para

Programa de Incorporación Socio-Laboral: Empoderando 2019
Actividade: CURSO PREPARATORIO PARA A OBTENCIÓN DA ESO
Beneficiarios/as: poboación perceptora de RISGA.

Os/as interesados/as poden realizar a inscrición a través da web da entidade www.erguete.org, achegarse ás instalacións da Asociación ou ben a través do e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376.

Estas actividades son financiadas pola Xunta de Galicia - Consellería de Política Social, dentro da Convocatoria subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

 

 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 1 de 5