Programa Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? Curso 2019/20

Talleres sobre Prevención das Condutas Aditivas no IES A Sangriña de A Guarda

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende xaneiro esta levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no I.E.S A Sangriña de A Guarda –Pontevedra-.

Trátase do programa denominado Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?  que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.

A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.

Esta acción está dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, ofrece de forma altruísta e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.

Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76. 

 
1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA

 

O 1 de decembro estaremos na Praza Avelino Vicente de 10:00 a 14:00 h.

alt

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a mañá do vindeiro domingo 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 h. estaremos informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente (Praza As de Copas) en A Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva).

Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “As comunidades marcan a diferenza”. Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,... respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continue presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.

Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas.

 
Programas Escolares e Familiares Curso 2019/20

Érguete Baixo Miño difunde os Programas Educativos e Familiares que desenvolve na Escola 

alt

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presenta unha breve guía informativa cos Programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda. 

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

Guía de Programas Educativos e Familiares Curso 2019/20 https://bit.ly/2Omh3LN

 
Xornada Empresarial 2019

Xornada Empresarial  “Non Te Pares, Érguete!!” 3ª edición - 2019


 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o vindeiro venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 h da mañá, terá lugar no Centro Cultural de A Guarda, a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019.


Neste acto teremos contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas:  Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir.


A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores da nosa entidade.
Esta xornada, é o peche do taller de formación e activación cara a procura de emprego que comezamos no mes de maio (cunha duración total de 80 h.) e cuias actividades son financiadas pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias.


Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376.

 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 3 de 5