Ao longo de todo o ano 2025, dende a Asociación Érguete Baixo Miño, levamos a cabo o programa de inserción socio-laboral «Érguete Emprega». Esta iniciativa ten como obxectivo central promover a autonomía e a calidade de vida das persoas con problemas de adiccións, e permitiu activar e formar a persoas da nosa comarca na procura activa de emprego, promovendo a súa autonomía social e laboral.
Resultados acadados
A pesar das dificultades do entorno, o programa logrou atender directamente a 10 persoas da comarca do Baixo Miño (A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño). O 100% dos participantes completaron con éxito o proceso de adquisición de habilidades e coñecementos necesarios para planificar a súa futura vida laboral
Este proxecto foi posible grazas ao financiamento da Deputación de Pontevedra, reafirmando o noso compromiso compartido coa igualdade de oportunidades e a inclusión na nosa comunidade.
¡Seguimos traballando para que ninguén se pare! 💪

