A Asociación Érguete Baixo Miño pon a disposición dos centros educativos da Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia a súa guía de Programas Escolares e Familiares para a Prevención de Condutas Adictivas para este novo curso escolar.
Oferta educativa e familiar
Estes programas están deseñados para abordar de xeito práctico e dinámico realidades que afectan a idades cada vez máis temperás. As actividades inclúen:
• Para o alumnado: Obradoiros sobre xestión emocional, comunicación asertiva, resolución de conflitos, presión de grupo e lecer saudable.
• Para as familias: Pautas de actuación eficaces para pais, nais e titores/as enfocadas no fortalecemento dunha vida saudable.
• Adaptabilidade: Os contidos son adaptados ao contexto e necesidades específicas de cada aula.
Información e solicitudes
Cabe destacar que estes programas son totalmente gratuítos. Os centros interesados en recibir máis información ou solicitar a implantación destas actividades poden contactar coa asociación a través do correo info@erguete.org ou nos teléfonos 986 614 407 / 640 086 376.
Tamén poden visualizar as presentacións destes programas nas nosas redes sociais (Instagram, Facebook e X).
________________________________________
Financiamento: Estes programas están financiados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e incorporan fondos procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7% do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario.



