Archivo


Novas
Fin dos Programas Educativos 2012-13

TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO

 

A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades escolares de prevención realizadas neste curso escolar 2012/13 co alumnado dos centros educativos da comunidade.

Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/5 é impartido directamente polos titores na aula, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan talleres co alumnado. Nesta ocasión os beneficiarios foron nenos/as e mozos/as escolarizados pertencentes aos cursos de 6º de Primaria, de 1º da ESO e de PCPI con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, ascendendo a un total de 181 alumnas/os do I.E.S. de Tomiño, do CEIP de Sobrada de do CPR Padres Somascos de A Guarda.

Durante estas actividades, traballáronse aspectos como:

-          A autoestima e a saúde.

-          Coñecer os riscos de consumir: alcohol e tabaco.

-          Corrixir algunhas ideas erróneas acerca das drogas.

-          Aprender a expresar o que se pensa e sinte.

-          Pedir axuda cando sexa necesario.

-          Resistir a presión de grupo.

-          Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión

 

A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.

Agradecemos a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións.

vintes de tomar unha decisión

 

 
Programas Educativos 2012-13

Breve presentación dos Programas de Prevención das Drogodependencias e Educación para a Saúde na Escola dentro do Ámbito Educativo e Familiar para este curso 2012-13

 
Asamblea_Xeral_2013

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA SOCIOS/AS

  

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea a Xeral Ordinaria que terá lugar o martes día 26 de febreiro de 2.013; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte 

ORDE DO DÍA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2º Presentación do Estado de Contas.

3º Presentación da Memoria de Actividades 2.012 e Programa para o 2.013.

4º Rogos e preguntas. 

Para calquera dúbida e/ou aclaración, contactar por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

 
O alumnado do Curso de Camareiro/a de Restaurante e Bar realiza prácticas formativas en empresas

Este curso organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño está dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de outubro tendo unha duración de 350 h.

 

Nel participan 12 persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve a Asociación Érguete Baixo Miño con carácter anual.

 

Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado realiza as prácticas formativas en centros de traballo, imprescindibles para obter o certificado acreditativo deste curso. Agradecemos especialmente a colaboración das seguintes empresas da Comarca do Baixo Miño para levar a cabo esta formación práctica:

 

Restaurante Area Grande (A Guarda), Art Café (A Guarda), Bar-Tapería A Competencia (O Rosal), Café-Bar Oasis (A Guarda), Café-Bocatería Woody Pool (Tomiño), Cafetería-Cervecería Pool Chaos (A Guarda), Cafetería-Churrasquería Novo Arroio (Tomiño), Casa Paco (Torroña-Oia), Cervecería-Tapería The Celtic Harp (A Guarda), Nova Casa Cuartel (Goián-Tomiño), Restaurante Juan (O Rosal) e Restaurante Silabario / La Pizarra del Silabario (Tui).

 

Esta acción realízase baixo o financiamento das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

 

 
Curso Camareiro/a_Alumnos

CURSO DE CAMAREIRO/A DE BARRA E SALA PARA DESEMPREGADOS/AS 

Convocamos un Curso de Camareiro/a de Barra e Sala dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 360 h.

 

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o luns día 1 de outubro en horario de 09:00 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

 

Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar -Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra.

 

As persoas interesadas só teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é gratuíto.

 

Se precisas máis información, contacta con nós na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407, no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou facebook.com/erguetebm

 
Curso Camareiro/a_ Monitor

 OFERTA DE EMPREGO:

FORMADOR/A PARA IMPARTIR CURSO DE CAMAREIRO/A DE BARRA E SALA

 

Necesitamos un monitor/a para impartir un Curso de Camareiro/a de Barra e Sala.0

 

Descrición: Ciclo Formativo de Grao Medio de “Servizos en Restauración” ou equivalente, e acreditar 3 anos de experiencia no sector da hostalería ou como formador/a.

Valórase formación en metodoloxía didáctica e coñecementos de protocolo.

Total liberdade para organizar as clases, seguindo os obxectivos programados.

Material propio ou disposición para preparalo. Dispoñibilidade inmediata.

 

As persoas interesadas en impartir este curso dirixido a persoas desempregados/as da Comarca do Baixo Miño, teñen que deixar o seu Currículum Vitae no local da Asociación sita na R/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda –Pontevedra, por fax 986 614 407 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

O prazo está a aberto ata o día 20 de setembro. A duración da actividade formativa será de 240 h. repartidas durante os meses de outubro e novembro, de luns a venres en horario de mañá.

 

Para máis información, contacta con nos na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407 ou no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou en facebook.com/erguetebm

 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 1 de 5