Viaxe á Illa de San Simón

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza unha excursión dentro do Programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra, para visitar a Illa de San Simón, Museo Meirande, Redondela, Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio.  

Esta actividade promove os seguintes obxectivos:

- Fomentar a participación e a cohesión social na comunidade.

- Ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre para a mocidade.

- Promover a convivencia e o intercambio de experiencias entre nais/pais e fillos/as.

- Impulsar a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional.

 

Deste xeito incentivamos a participación de familias con nenos e nenas, e tamén cabe mencionar a existencia de prazas para persoas que precisen de cadeiras de rodas ou outras axudas técnicas.

A excursión terá lugar o domingo 24 de setembro e ten un custe de 12 € para as persoas adultas mentres que os menores de 12 anos aboarán 8 €.

Esta viaxe inclúe os seguintes servizos:

- O desprazamento de ida e volta en autobús con tres puntos de partida: unha no Concello de A Guarda (Praza As de Copas), outra no Concello de O Rosal (Pías) e outra no Concello de Tomiño (Praza do Concello).

- A ruta de ida e volta en barco.

- A visita guiada cun guía turístico especializado.

- O xantar no que cada menú constará de dous pratos, sobremesa, café e bebidas.

- Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

- Agasallos: unha mochila e unha viseira.

 

O horario de saída será ás 08:30 h. na Praza As de Copas en A Guarda.

O prazo de inscrición remata o venres 15 de setembro.

 

Para máis información:

Asociación Érguete Baixo Miño

r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) – A Guarda (Pontevedra),

Tlfnos.: 986 614 407 / 640 086 376 / e-mail:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo